O CSIC continúa celebrando en Galicia o “Mes da Ciencia en Galego”

posted in: Nota de prensa, Noticias | 0

Santiago de Compostela, 22 de novembro do 2018. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) deseñou un programa para celebrar en Galicia o “Mes da Ciencia en Galego”.

As actividades están deseñadas pola Delegación Institucional do CSIC en Galicia a través da Unidade de Cultura Científica. Na actividade de mañá colabora o Instituto de Investigacións Mariñas.

Mañá, venres 23 de novembro, de 17.00 a 19.00 horas terá lugar na Biblioteca Pública Juan Compañel (Vigo) o taller “Biodiversidade ao teu alcance”, cuxo labor é dar a coñecer os ecosistemas mariños presentes nas rías galegas, trasladando á sociedade, de forma sinxela e alcanzable, os principais traballos que se realizan nun grupo de investigación (neste caso, o grupo ECOBIOMAR do IIM) e as repercusións que estes traballos poden ter na cidadanía.

A entrada é de balde.

Máis información no 886 120 447.