O Instituto de Investigacións Mariñas conta cun servizo de acuarios (SACUIM), composto por cinco persoas do cadro de persoal especializadas no coidado e benestar dos organismos mariños sometidos a experimentación. A instalación dos acuarios do IIM está situada no anexo do edificio principal e ocupa unha superficie de 300 m2. Divídese en varias salas separadas e adecuadamente equipadas con paredes e chans preparados para traballar con auga. Todas as salas teñen subministración de auga doce, auga de mar quente e fría (filtrada ata 10 µm) e crúa (filtrada ata 50 µm), aire filtrado, termicamente acondicionado individual e un sistema para recoller os derrames. Tamén teñen un pre-tratamento con ozono de augas residuais para cumprir cos límites establecidos pola normativa.

No SACUIM trabállase con especies de peixes e moluscos como as pertencentes ao xénero Hippocampus (cabaliños de mar), peixe cebra, cefalópodos, rodaballo e mexillón. Así mesmo cóntase coa infraestrutura necesaria para xerar e manter fitoplancto e especies de zooplancto que serven como alimento ás anteriormente mencionadas.

As instalacións do SACUIM do IIM están consideradas como centro de animais de experimentación, criador e usuario co código REGA ES360570202001 e foron sometidas recentemente a unha reforma e modernización grazas a unha axuda cofinanciada con fondos FEDER (CSIC13-1E-2049 2012-2013) para infraestruturas científico-tecnolóxicas.

OBXECTIVOS

  • Asistir aos investigadores do IIM-CSIC nos seus procedementos con animais de experimentación de acordo coa normativa interna do OEBA e externa correspondente. Calquera persoa que utilice Animais de Experimentación ten que posuír a capacitación adecuada segundo RD 53/2013 “Normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia”, e o Decreto 296/2008. Así mesmo, deben de obter a homologación da súa formación de acordo coa Orde ECC/566/2015, pola que se establecen os requisitos de capacitación que debe cumprir o persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia. Tendo en conta a formación do persoal dos acuarios en experimentación animal (funcións a, b, c, d e e) están perfectamente capacitados para asesorar sobre a parte técnica dos procedementos para seguir no manexo de animais de laboratorio.
  • Manter a infraestrutura técnica dos sistemas dos acuarios como bombas, soprantes, filtros, lámpadas UV, limpeza de perlón, iluminación, aire acondicionado, etc., en coordinación co servizo de mantemento do centro.
  • Contabilizar as altas e baixas de animais e procedementos levados a cabo: número de individuos e especie ou especies á que pertencen, entradas e saídas, nacementos, baixas, tratamentos administrados, etc.

 

CONTACTO

 

Rubén Chamorro Valverde

email: ruchaval@iim.csic.es

Tel.: +34 986231930 ext. 860199

Servizo de Acuarios do IIM: sacuim@iim.csic.es

Descargar solicitude de servizo (.doc)

 

Ler máis