Esta área administrativa intégrase tamén por persoal das áreas de xestión económica e do almacén do IIM. Este último sitúase na planta baixa do edificio principal nas dependencias anexas ao taller e consta dun despacho e catro dependencias adxacentes para almacenaxe de material maioritariamente funxible. No almacén, ademais de produtos de uso en investigación, pódese adquirir material de oficina e limpeza, así como realizar labores de reprografía e encadernación.

Grazas á actividade desta área subscríbense contratos, convenios ou publícanse concursos para a adquisición de equipamento do centro, xeralmente material inventariable que, como o seu propio nome indica, dáse de alta na lista de patrimonio. Tamén se tramitan as baixas e modificacións do devandito patrimonio e as compras centralizadas na central de subministracións da Administración Xeral do Estado.

 

OBXECTIVOS

O almacén encárgase de comprar, recibir, xestionar e almacenar as mercadorías adquiridas para que o persoal do IIM poida levar a cabo as súas actividades cotiás.

Entre as tarefas máis destacables que se levan a cabo no servizo atópanse:

  • A compra de materiais de uso diario para o mantemento, limpeza e bo funcionamento do IIM e o almacenamento dun pequeno stock dos mesmos.
  • A recepción e xestión para o cargo en conta das diferentes mercadorías adquiridas polo persoal do centro.
  • Adxudicación de números de pedido para as compras individuais.
  • Compras.
  • Adquisición centralizada de bens.
  • Contratos de subministracións e servizos.
  • Patrimonio: altas, baixas e modificacións.

CONTACTO

Para facer uso deste servizo é necesario levar cumprimentados e asinados polo investigador responsable do proxecto os formularios ao efecto de facturación e pedir autorización previa á compra ao persoal de xestión económica.

Contacto do almacén na sala 017                                                                                                                     

Rosa Veloso Alonso

email: rva@iim.csic.es 

Tel.: 986 231930 ext. 860104  

Ler máis