O servizo de Programación Científica do IIM atópase situado no primeiro andar do edificio principal á beira da conserxería. Compóñeno catro persoas encargadas de xestionar os aspectos non científicos dos proxectos ou contratos de investigación subscritos polos investigadores do IIM-CSIC que dependen da Xerencia do centro.

OBXECTIVOS

O labor do servizo de programación é xestionar os gastos imputados aos proxectos e contratos de investigación e axudar ao persoal investigador a concorrer ás diferentes convocatorias ofertadas polas diferentes administracións e entidades públicas e/ou privadas.

As súas funcións poden resumirse como segue:

  • Informe, asesoramento e seguimento de convocatorias públicas e privadas de financiamento para investigación: proxectos e contratos/convenios.
  • Soporte para a elaboración da proposta do proxecto ou contrato e presentación desta.
  • Tramitación da resolución da convocatoria e consello para a súa aceptación.
  • Tramitación de solicitudes de Accións Especiais.
  • Tramitación de solicitudes de Dotación Adicional (Produtividade de Proxectos e Contratos de Investigación).
  • Xestión de gastos imputables ao proxecto ou contrato.
  • Elaboración de informes de xustificación de gastos.
  • Xestión de propostas de reintegros de proxectos.
  • Interlocución cos organismos convocantes ou financiadores.

CONTACTO

Contacto na sala 102

María Estévez Ferreira

email: mestevez@iim.csic.es 

Tel.: 986 231930 ext. 860112

Matilde López Gómez

email: matilde@iim.csic.es 

Tel.: 986 231930 ext. 860112 

Rocío Lago Larrán

email: larran@iim.csic.es

Tel.: 986 231930 ext. 860112

Antonia del Valle Pardal

email: advpardal@iim.csic.es 

Tel.: 986 231930 ext. 860123

Ler máis