Na Área de Recursos Humanos os novos traballadores poderán elaborar a súa ficha de persoal, establecer a súa contrasinal (nº PIN e/ou pegada dixital) de control horario, tramitar seguro sanitario (en caso de persoal bolseiro), recoller a chave de entrada ao parking, se procede, e proporcionar datos do seu vehículo.

O resto do persoal deben tramitar as súas incidencias como integrantes do IIM e do CSIC: nomeamentos, vacacións, permisos, baixas, excedencias, renovación de contratos, etc. Tamén é moi importante someterse aos recoñecementos de saúde laboral.

OBXECTIVOS

  • Asistir a todo o persoal do IIM nos seus trámites como traballador do CSIC.
  • Elaborar contratos de traballo temporais e en formación e tramitar o proceso de selección.
  • Estancias temporais de persoal.
  • Provisión de postos de traballo: altas, baixas e traslados.
  • Xestionar os recoñecementos de vixilancia da saúde laboral do centro.
  • Maquetar a memoria anual de actividades.
  • Controlar o cumprimento da normativa interna do persoal como traballador do CSIC.

CONTACTO

Contacto na sala 118

Pilar Boubeta Parcero

email: dir_iim@iim.csic.es

Tel.: 986 231930  ext. 860122

 

Ler máis