Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses Web do grupo

OBXECTIVOS

Os obxectivos xerais do grupo son o desenvolvemento de técnicas experimentais e a adquisición de coñecementos sobre a bioloxía, fisioloxía e microbiota asociadas a organismos mariños, enfocados na conservación da biodiversidade mariña e no seu uso sustentable na acuicultura.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  1. Bioloxía e conservación da biodiversidade mariña
  • Estudo da diversidade biolóxica e da ecoloxía de peixes Signátidos, especialmente cabaliños de mar, das costas españolas.
  • Estudo da ecoloxía trófica e das presas potenciais en poboacións salvaxes de Signátidos mediante a análise de isótopos estables.
  • Caracterización xenética de poboacións salvaxes de Signátidos, en colaboración co grupo Acuigen (Universidade de Santiago de Compostela).
  • O grupo coordina o Proxecto Hippoparques (Organismo Autónomo Parques Nacionais) para o estudo de distribución, hábitat, variabilidade espazo-temporal, estrutura xenética e características tróficas das poboacións de Signátidos dos Parques Nacionais dás Illas Atlánticas e do Arquipélago de Cabrera.
  • O grupo coordina o Proxecto Hippoeco (Plan Nacional-Retos) para o estudo de dous factores potencialmente implicados na supervivencia de cabaliños de mar no medio natural: calidade e dispoñibilidade de alimento dos reprodutores e dispoñibilidade de elementos de afiuzamento no paso da vida peláxica á demersal.
  1. Cultivo de peixes mariños
  • Estudo e experimentación en catividade de aspectos relacionados coa supervivencia e crecemento en estadios iniciais do desenvolvemento de peixes mariños de interese para a acuicultura e a conservación da biodiversidade.
  • Desenvolvemento de técnicas de cultivo integral de especies mariñas protexidas, especialmente de cabaliños de mar (Hippocampus).
  • Transferencia da tecnoloxía de cultivo de Signátidos á industria e a grandes acuarios.
  1. Acuicultura multitrófica integrada de peixes e macroalgas
  • Estudo da bioloxía e fisioloxía de especies do xénero Ulva (leituga de mar) aplicadas ao desenvolvemento de técnicas de cultivo.
  • Estudo da microbiota epifítica en Ulva e as interaccións alga-bacteria, dirixido á aplicación de probióticos no cultivo de algas.
  • O grupo participa no Proxecto INTEGRAS (Plan Nacional-Retos), coordinado pola Universidade Politécnica de Catalunya (UPC) e coa participación de investigadores do IIM-CSIC e da Universidade da Coruña, cuxo obxectivo é a optimización do deseño e manexo de sistemas de cultivo multitróficos en recirculación peixes-macroalgas.

LIGAZÓNS DO GRUPO

 

CONTACTO

Miquel Planas Oliver

email: mplanas@iim.csic.es

Tel.: +34 986 231930 ext. 860160

Ler máis