Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses Web do grupo Ciencia Mariña

OBXECTIVOS

A nosa investigación ten como obxectivo incrementar o coñecemento sobre transcriptómica e proteómica da resposta inmune de peixes e moluscos fronte aos patóxenos. Ademais tentamos identificar xenes que se poidan empregar como marcadores en procesos de selección xenética e mellorar a resposta inmune mediante o uso de inmunoestimulantes e vacinas.

Con este fin, estudamos a resposta inmune innata: acción e variabilidade de péptidos antimicrobianos (AMPs) e citoquinas, estudo da inflamación, actividades antivirais e antibacterianas, etc. Para iso empregamos técnicas de inmunoloxía, microbioloxía, bioloxía molecular (sistemas de secuenciación de nova xeración, estudos de transcriptómica mediante microarrays, bloqueo de xenes, etc.) e bioquímica de proteínas. Tamén empregamos o peixe cebra como modelo en determinadas enfermidades tanto de peixes cultivados coma de humanos (choque séptico, enfermidades inflamatorias, etc.)

 

Ler máis