CITOMETRÍA DE FLUXO

O servizo de Citometría de Fluxo (FCS) do IIM consta dun citómetro de fluxo FACSCalibur, así como de todo o equipo asociado necesario (sistema MilliQ, balanza, vórtex, etc.). O citómetro permite a aplicación dunha grande variedade de técnicas, aínda que este utilízase comunmente para detectar e enumerar bacterias e pequenos protistas fototróficos en ambientes mariños.

Permite tamén, con certas limitacións inherentes ao modelo, a selección de células marcadas radiactivamente ou cun marcador fluorescente (sorting). O FCS é utilizado polos científicos do IIM, pero está dispoñible para outros investigadores, organizacións e empresas sobre unha base de custo por uso. Actualmente opera nun réxime de autoservizo.

 

OBXECTIVOS

  • Ofrecer un servizo de citometría de fluxo no IIM (FACScalibur flow cytometer) para a análise, entre outras, de mostras de plancto.
  • Ofrecer un servizo de citometría de fluxo externo ao IIM.

As tarifas aplicables, en euros, a este servizo son as que se mostran a continuación:


 

CSIC

Non CSIC

Inclúe

Bacterias
1.3
1.7
tinguidura, fixador, tubos
Algas
0.7
0.9
fixador, tubos
Outros
a determinar
a determinar
a determinar
Hora uso citómetro
12
16
 

 

CONTACTO

Francisco Gómez Figueiras

email: paco@iim.csic.es

Tfno.: 986 23 19 30 – ext 860372

Belén Arbones Fernández

email: belen@iim.csic.es

Tfno.: 986 23 19 30 – ext 860367

Ler máis