![]() |
Persoal | ![]() |
Publicacións | ![]() |
Proxectos e contratos | ![]() |
Teses | ![]() |
Web do grupo |
---|
OBXECTIVOS
O obxectivo xeral do grupo é xerar coñecemento e desenvolver instrumentos necesarios para a posta en práctica do enfoque de ecosistema na xestión de recursos mariños vivos. Nesta liña, preténdese non só colaborar coa xestión e conservación dos devanditos recursos e o seu ecosistema, senón tamén dar resposta ás demandas socioeconómicas dos sectores produtivos dependentes do medio mariño. No cumprimento deste obxectivo é relevante a participación de membros do equipo en organismos científicos asesores da xestión pesqueira, coma NAFO ou ICES.
Encadrado neste escenario, o grupo desenvolve a súa investigación sobre as pesquerías de diversas especies explotadas, obxectivo tanto da pesca industrial e artesanal coma recreativa. Os proxectos de investigación nos que se involucra inclúen temáticas diversas como a análise da dinámica de poboacións, o estudo de parámetros biolóxicos esenciais, interaccións críticas e relacións entre especies e o uso do hábitat, sempre encamiñadas a mellorar o coñecemento da ecoloxía das poboacións e os mecanismos que determinan as flutuacións na súa abundancia, con especial énfase no estudo do recrutamento, do potencial reprodutivo e o impacto das diferentes medidas de xestión pesqueira sobre os mesmos.
![]() |
![]() |
![]() |
Debido á situación de sobre-explotación xeral dos recursos e ao cambio nas estratexias de xestión pesqueira, o grupo tamén orienta os seus esforzos ao desenvolvemento de novas ferramentas de avaliación e xestión que consideren a resiliencia das poboacións e ao uso de indicadores ecosistémicos, centrando en particular o seu interese en recursos con datos limitados. Como apoio a estas liñas de investigación, o grupo conta cun laboratorio de histoloxía onde se procesan mostras para os estudos de bioloxía reprodutiva, un laboratorio de análise de imaxe no que se desenvolveron diversos protocolos para a estimación de parámetros reprodutivos, un laboratorio de esclerocronoloxía para a determinación da idade mediante lectura e interpretación de aneis de crecemento en otolitos, un laboratorio para análises bioenerxéticas e máis recentemente tecnoloxía para o desenvolvemento de estudos de ecoloxía espacial mediante técnicas de telemetría acústica. LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
LIGAZÓNS DO GRUPO