Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses

OBXECTIVOS

A investigación diríxese a proporcionar coñecemento científico, indicadores de sustentabilidade, modelado de capacidade de carga, aproximacións de manexo para unha xestión ecolóxica sostible de explotacións industriais de cultivo de moluscos así como da  formación de expertos que poidan satisfacer as demandas futuras de asesoramento e do estudo doutras vías de explotación sostible dos ecosistemas costeiros.

Os estudos abordados están dirixidos á mellora e  integración do coñecemento das interaccións ecolóxicas dos bivalvos cultivados así como a contribución ao desenvolvemento de ferramentas de xestión baseadas no ecosistema que promoverán a sustentabilidade ecolóxica da industria dedicada ao cultivo de bivalvos, en particular o mexillón; unha industria sostible na que a partir da obtención natural de semente e por tanto do recrutamento de xuvenís na zona, desenvólvese por medio da acción antropoxénica —tecnoloxía e batea— unha produción de mexillón, condicionada polas características hidrográficas e ambientais do medio natural e a capacidade de carga do ecosistema. Neste contexto avalíanse tamén os efectos do cambio global  sobre  a  sustentabilidade da  produción de moluscos bivalvos.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  1. Ecofisioloxía, modelado e capacidade de carga de ecosistemas
  2. Xestión do cultivo de moluscos bivalvos desde Ecosystem Approach for Aquaculture (EAA)
  3. Bioquímica ecolóxica de moluscos bivalvos
  4. Impacto de bioinvasións e cambio global sobre bivalvos.

Ler máis