Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral é estudar a relación do fitoplancto mariño co medio ambiente luminoso. Esta relación establécese, principalmente, a través de pigmentos que nos organismos fotosintéticos mariños preséntanse formando parte de conxuntos con gran variedade de estruturas moleculares (sistemas fotosintéticos). Propóñense caracterizar as moléculas de clorofilas e carotenoides que compoñen os sistemas pigmentarios e relacionar a síntese e/ou interconversión entre pigmentos con procesos que implican a acción da luz (fotocaptación, fotoprotección, fotoaclimatación, fotoadaptación). Tamén pretenden establecer a súa distribución nas diferentes categorías taxonómicas de microalgas e cianobacterias e investigar a distribución de poboacións de organismos planctónicos en augas naturais mediante o desenvolvemento e aplicación de métodos de análise pigmentaria.

 

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  1. Estudo pigmentario de fitoplancto de pequeno tamaño. As fraccións de nano e pico plancto son compoñentes importantes do fitoplancto nos océanos. Carentes na maioría dos casos de caracteres morfolóxicos definitorios, o seu estudo require técnicas especiais (citometría de fluxo, bioloxía molecular, análise de pigmentos). Estes organismos, coma o resto dos fotoautótrofos mariños, presentan un conxunto complexo de pigmentos fotosintéticos (clorofilas, carotenoides e ficobilinas) que, distribuídos selectivamente en diferentes taxóns de eucariotas e bacterias, xogan un papel fisiolóxico que acada unha importancia global.
  2. Revisión da clase Prasinophyta. Participamos nun estudo pluridisciplinar que reexamina os grupos taxonómicos que se agrupan na clase Prasinophyta mediante técnicas moleculares e quimiotaxonómicas.
  3. Respostas pigmentarias en Emiliania huxleyi. Estudamos como este cocolitóforo, que é responsable de extensas proliferacións en mares e océanos de todo o planeta, tendo unha influencia transcendente sobre o clima a nivel global, é capaz de aclimatarse con gran eficacia fisiolóxica a cambios na intensidade e calidade (ambientes oceánicos vs. costeiros) mediante cambios na estrutura molecular de pigmentos que comparten os mesmos cromóforos ou síntese ex novo de pigmentos fotoprotectores.

 

CONTACTO

José Luis Garrido Valencia

email: garrido@iim.csic.es

Tel.: +34 986 231930 ext. 860151

Ler máis