Portada del cómic El Gran Viaje del Plancton que muestra a sus principales protagonistas.
👧🏽 Crianzas 🏡 Familia
💝 Castelán

💙 Estamos traballando para unha versión en galego.

🌍 We’re working towards an English translation.

Descobre a maior aventura microscópica xamais contada! Acompaña a un pequeno copépodo, un polbo acabado de nacer e un rodaballo na súa viaxe a través das correntes de afloramento das Rías Baixas.

Aprende máis sobre os primeiros días de vida destas especies, a diversidade de hábitats das rías, a importancia do plancto e a súa relación coa calidade do marisco galego.

Mergulla nas frías augas atlánticas e aprende das mellores, a través do guión das investigadoras do IIM-CSIC Lara García Alves, Mariana N. Cueto Rivas e Helena Rodríguez Domínguez.

Todo baixo a coordinación científica de Ángel F. González, o asesoramento de imaxe de Manuel E. Garci e as magníficas ilustracións de Jesús E. Minguet.