
Accede ao documental 📽️
Curtametraxes (só en castelán) 🎬
👩 Adultos 🏡 Familia | ||||
💝 Castelán 💙 Galego 🌍 Inglés |
Proxecto financiado pola FECYT-MINECO e o CSIC sobre os peixes Signátidos, que inclúen os cabaliños de mar, as agullas bravas ou os dragóns de mar, e constitúen unha fascinante familia de peixes. Premiado en CIMASUB 2017.
Seguindo a investigación desenvolvida no IIM-CSIC como fío condutor, este documental mergulla ao espectador nun mundo asombroso, no que descubrirá estes peixes cunha bioloxía sorprendente, cuxa evolución permitiulles adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fíxolles moi vulnerables, nunha contorna sometida a unha crecente alteración polo ser humano.
Unha situación alarmante para o estado das poboacións salvaxes de moitas especies desta familia. O seu futuro depende do desenvolvemento de investigación, xerando coñecemento que oriente plans adecuados de sensibilización e de conservación.