O servizo de xenómica funcional en peixes do IIM-CSIC ten como obxectivo facilitar a investigación en modelos animais de vertebrados acuáticos ofrecendo asesoramento en diversas técnicas de bioloxía molecular, xenética e histoloxía usando o peixe cebra como especie modelo. O servizo oferta o procesado e análise das mostras, así como as súas instalacións e equipamento, para que os propios clientes procesen e analicen as súas mostras (autoservizo), sempre baixo o estrito cumprimento das normas de uso do servizo.

 

 

Servizos

O servizo de xenómica funcional en peixes do IIM-CSIC (GFP-IIM-CSIC) pertencente ao laboratorio FishBioTech ofrece soporte técnico aos usuarios en diversas técnicas de bioloxía molecular, xenética e histoloxía usando o peixe cebra como especie modelo.

As tarefas que desempeña o servizo son as seguintes:

  • Micro-inxección de DNA, morpholino ou mRNA en embrións de peixe cebra.

  • Xeración de líneas estables de peixes cebra transxénicos e mutantes.

  • Tecnoloxía CRISPR/Cas9; Tol2Kit, BAC-transxénesis.

  • Mantemento de liñas de peixes transxénicos e mutantes.

  • Envío de embrións, larvas e adultos WT, transxénicos e mutantes.

  • Técnicas de inmunohistoquímica e hibridación in situ “whole mount”.

  • Xenotipado: extracción e cuantificación de DNA a partir de embrións ou aleta de peixe.

  • Illamento, purificación e cuantificación de ácidos nucleicos “Cuantificación Qubit”.

  • Síntese de cDNA, “Capped”-mRNA, sondas de RNA.

  • Clonación de xenes de interés en vectores plasmídicos. Clonación de recombinación Gateway.

  • RT-PCR (Termociclador (PCR)) (opción de autoservizo).

  • Real-Time qPCR (SYBRGREEN) e análise de datos (opción de autoservizo).

 

Contacto

 

Josep Rotllant Moragas

e-mail: rotllant@iim.csic.es

Tel.: 986231930 ext. 860288

 

Paula Suarez-Bregua

e-mail: paulasuarez@iim.csic.es

Tel.: 986231930 ext. 860289

 

Web: http://fishbiotech.csic.es
Os usuarios poden poñerse en contacto co persoal do servizo a través do teléfono ou correo electrónico e encher o formulario de petición de servizo correspondente.
Download service request form.
Horas de atención a usuarios: 8h a 15h.

Ler máis