O Servizo de Historia Vital reúne nun único espazo todo o equipamento necesario para analizar diferentes parámetros da historia vital —principalmente en peixes— así coma persoal especializado nas diferentes técnicas de estudo.

 

O servizo articúlase arredor de cinco laboratorios fundamentais

Histoloxía: Xeración de bloques de tecido para cortar ao microtomo, así como cortes microscópicos sen tinguir ou tinguidos dos devanditos tecidos. Especializados en corte en parafina (ata 3.5 µm) e tinguidura con hematoxilina-eosina de gónadas de peixes. Tamén se ofertan cortes en resina e con outras tinguiduras por encargo. O laboratorio de histoloxía conta cun procesador Leica TP 1020, un inclusor Leica EG 1160, un microtomo Leica RM 2155, un tinguidor Leica Autosatiner XL, dúas estufas Memmert, campá de seguridade, dúas vitrinas de extracción de gases, dous armarios de seguridade e almacén de seguridade especializados para mostras en formol.

Bioenerxética: Cuantificación da enerxía (en calorías ou Kilojoules) en diversos tecidos de organismos mariños por calorimetría. Estimación de calidade de ovos de peixes, por calorimetría ou peso seco. O laboratorio de bioenerxética conta con bomba calorimétrica Parr 6300 axustada a PC para descarga de datos, dúas estufas Memmert e unha estufa Selecta.

Parámetros reprodutivos: Estimación de parámetros reprodutivos de peixes. Especializado na análise microscópica da determinación do sexo, maduración, ciclo sexual, estratexia reprodutiva, e determinación do tipo de fecundidade (por gravimetría ou estereoloxía). O laboratorio conta cun microscopio Leica Z6 APOA con cámara dixital Leica DFC490, un microscopio óptico Leica DMRE con platina motorizada e cámara dixital Leica DFC320, un microscopio de fluorescencia Leica DM 5500B con platina motorizada e cámara dixital Leica DFC310FX.

 

Esclerocronoloxía: Determinación da idade anual en peixes mediante o uso de otolitos coa técnica de tostado, queimado ou ao natural, tanto en seccións, como en otolitos enteiros. O laboratorio de esclerocronoloxía conta con dous microscopios estereoscópicos Leica MZ6 con cámaras dixitais Leica DFC290HD e Leica IC80HD e un microscopio estereoscópico Leica EZ4 HD.

 

Análise de imaxe: Medición, cuantificación e análise de estruturas en cortes histolóxicos de gónadas de peixes, estimación automática de fecundidade mediante o método autodiamétrico. Estudos de dendrocronoloxía en otolitos de peixes. Xeración de imaxes multienfocadas. Xeración de imaxes en mosaico de alta resolución. Tratamento de imaxes en fluorescencia. Cóntase con software Leica Q-Win 3.4, As v4.1 (Módulos: Macro Editor, Advanced Analysis, Store and Recall, Multistep, Macro runner, Interactive measurement, Live measurement, Multifocus e Extended annotation), Govocitos 2.1., AnalySIS, COFECHA e ARSTAN.

 

OBXECTIVOS

O Servizo de Historia Vital oferta tanto a recollida, procesado e análise das mostras como o uso das instalacións para que sexan os propios clientes quen procesen as súas mostras, sempre baixo o estrito cumprimento das normas de uso do servizo.

A forma empregada por este servizo para concretar as relacións contractuais cos seus clientes son as solicitudes de ensaio. Se houbese algún requisito específico, deberá concretarse na devandita solicitude.

  • Os formularios de solicitude de ensaio poderanse descargar directamente da web: Solicitude de ensaio.doc ou solicitarse por correo electrónico a shl@iim.csic.es.
  • A solicitude de ensaio enviarase debidamente cumprimentada, asinada e escaneada por correo electrónico ao enderezo shl@iim.csic.es.
  • As solicitudes de ensaio serán atendidas por rigorosa orde de chegada. Unha vez recibida a solicitude enviarase ao cliente unha comunicación co tempo estimado para o envío dos resultados.

Pódese solicitar asesoramento previo sobre a extracción e conservación das mostras así como sobre as técnicas e métodos máis adecuados para a estimación dos parámetros requiridos en cada un dos casos.

O Servizo de Historia Vital oferta prezos especiais para clientes que teñan relación contractual co CSIC. Consultar a lista de prezos na seguinte ligazón: Tarifas 2015-16.

Para máis información contacte con: shl@iim.csic.es

 

CONTACTO

Francisco Saborido Rey

email: fran@iim.csic.es

Tel.: 986 23 19 30 ext. 860253

Ler máis