A unidade de servizo avanzado de I+D (SICAL) ofrece asesoramento en I+D achegando solucións personalizadas para incrementar a calidade e a seguridade alimentaria co obxectivo final de mellorar a comercialización dos produtos derivados da pesca e da acuicultura. O noso principal aval é o coñecemento científico e o desenvolvemento de máis de 20 contratos de investigación con empresas do sector en Galicia, España e Europa.
OBXECTIVOS
Os obxectivos do SICAL cobren solucións a diferentes escalas, desde estudos puntuais de asesoramento a empresas ata estudos de I+D de maior complexidade e duración, todos eles co obxectivo final de responder á demanda do Sector e contribuír á transferencia de tecnoloxía. Ademais, o grupo dispón dunha colección de cepas bacterianas de Listeria monocytogenes e Staphylococcus aureus illadas de superficies e alimentos da industria alimentaria, concretamente do sector pesqueiro.
Prestacións principais do servizo: SICAL Unidade de Servizo Avanzado de I+D en Conservación de Alimentos (.pdf)
CONTACTO
Marta López Cabo
email: marta@iim.csic.es
Tel.: +34 986 214465