O Servizo de Instrumentación Científica e Calidade do IIM (SICIM) encárgase do mantemento e vixilancia do bo uso do material instrumental e das instalacións de uso xeral do centro, englobándose baixo esta denominación a instrumentación científica como autoclaves, centrífugas, liofilizadores, crioconxeladores, muflas, instalación de gases, etc., e a instrumentación analítica centrada fundamentalmente en equipos de cromatografía de gases e líquidos con diversos detectores. Así mesmo o Servizo é responsable de elaborar os procedementos e protocolos do sistema de calidade, a formación de novos usuarios, posta a punto de metodoloxías analíticas e compra de equipamento de uso xeral.

♦Carta de servicios SICIM

OBXECTIVOS

O persoal do SICIM conforma un núcleo de traballo que colabora nas diferentes liñas de investigación do IIM-CSIC co desenvolvemento, posta a punto e mantemento de ferramentas e técnicas que melloren os distintos ámbitos da ciencia, como a técnica e a difusión científica.

Entre as tarefas máis destacables que se levan a cabo no SICIM, destacamos as seguintes:

  • Calidade no IIM
    • Elaboración de protocolos de uso xeral
    • Elaboración de cadernos de laboratorio
    • Asistencia a grupos
  • Servizo de Xestión de Instrumentación e Instalacións de uso Xeral
    • Autoclaves
    • Muflas
    • Subministración de Auga destilada e ultrafiltrada
    • Subministración de Gases e líquidos crioxénicos de Instalación Xeral
    • Lavalouzas
    • Cámaras de almacenamento frigorífico
    • Equipos de liofilización
    • Equipos de ultraconxelación e almacenamento de mostras
    • Etiquetaxe e xestión de novo material inventariable
    • Xestión da recollida de residuos perigosos
    • Xestión do almacenamento de produtos de bioloxía molecular
  • Servizo de Instrumentación Analítica
    • Xestión de equipos de uso xeral : cromatografía de gases (GC) e líquida de alta eficacia con diferentes detectores
    • Xestión de equipos de uso restrinxido a grupos: GC; GC-MS; HPLC e UPLC
    • Determinacións Analíticas
  • Servizo de Asesoría
    • Posta a punto de técnicas analíticas
    • Compra de material: canalización de información comercial
    • Localización de material e reactivos de uso compartido
    • Formación de persoal

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA NOVOS USUARIOS

Recoméndase aos chegados recentemente ao IIM, se teñen que facer uso dalgunha infraestrutura de uso común que non estea xestionada polo grupo no que se integraron, poñerse en contacto con este servizo no que lle informaremos gustosamente do uso e manexo da mesma.

 

CONTACTO

Contacto na sala 303

Ana María García Blanco

email: anagarci@iim.csic.es

Tel.: 986 23 19 30 ext. 860320

Carmen Piñeiro González

email: cpineiro@iim.csic.es

Tel.: 986 23 19 30 ext. 860322

Ler máis