Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses Cursos

OBXECTIVOS

A pesar da súa abundancia, importancia nos ciclos bioxeoquímicos e sensibilidade ao cambio global, o noso coñecemento da composición, estrutura molecular e reactividade da materia orgánica disolvida (MOD) nos océanos é aínda deficiente. Para minorar esta lagoa de coñecemento illamos MOD por ultrafiltración e extracción en fase sólida, analizamos as súas propiedades ópticas, isotópicas e estruturais (RMN e ICP-MS) e trazamos a súa alteración por procesos fotoquímicos e microbiolóxicos.

Ademais, en estreita colaboración cos grupos de “Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión Sostible de Bivalvos” e “Ecoloxía e Recursos Mariños” do Instituto de Investigacións Mariñas, estudamos a relación entre as condicións ambientais e os recursos explotados nas costas de Galicia contribuíndo a achegar un enfoque ecosistémico á acuicultura intensiva, marisqueo e pesca artesanal.

 

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

O grupo traballa fundamentalmente en dúas liñas de investigación. Por unha banda, na composición, estrutura molecular e reactividade da materia orgánica disolvida nun océano sometido ao cambio global e, pola outra, apoiando o estudo das relacións entre as condicións ambientais e os recursos explotados nas costas de Galicia.

 

CONTACTO

Xosé Antón Álvarez Salgado

email: xsalgado@iim.csic.es

Telf.: +34 986 231930 Ext. 860369

Ler máis