LAB. NAC. DE REFERENCIA DE ENFERMIDADES DE MOLUSCOS

O grupo de Inmunoloxía e Xenómica do Instituto de investigacións Mariñas, CSIC, foi nomeado Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos en 1995 (Directiva 95/70/CE do Consello do 22 de decembro de 1995 pola que se establecen as normas comunitarias mínimas necesarias para o control de determinadas enfermidades de moluscos bivalvos).

Actualmente as funcións que debe desempeñar un Laboratorio Nacional de Referencia veñen establecidas na Directiva 2006/88/CE do Consello do 24 de outubro de 2006 sobre os requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura e sobre a prevención e control de certas enfermidades dos animais acuáticos:

O Laboratorio Nacional de Referencia de enfermidades de Moluscos Bivalvos está acreditado por ENAC-ILAC segundo a norma UNE-EN ISO 17025 para os seguintes campos:

  • Detección de Marteilia por histoloxía en moluscos bivalvos
  • Detección de Marteilia por citoloxía en moluscos bivalvos
  • Detección de Bonamia por histoloxía en ostra plana, Ostrea edulis
  • Detección de Bonamia por citoloxía en ostra plana, Ostrea edulis
  • Detección de Perkinsus spp. por histoloxía en ameixas

 

 

OBXECTIVOS

  • Informar, sen demora, ao organismo competente, cando se sospeite da aparición de calquera das enfermidades listadas na Directiva.
  • Coordinar, previa consulta ao laboratorio europeo de referencia, os métodos de diagnóstico empregados nos Estados membros.
  • Contribuír activamente á identificación dos focos de enfermidades, estudando a materia illada do axente patóxeno enviada para confirmar o diagnóstico e proceder á súa caracterización e aos estudos epizoóticos.
  • Facilitar o adestramento ou a posta ao día de expertos en diagnóstico de laboratorio, para harmonizar as técnicas de diagnóstico en todo o Estado membro.
  • Garantir a confirmación dos resultados positivos de todos os focos de enfermidades exóticas listadas na Directiva, así coma dos focos primarios de enfermidades non exóticas.
  • Organizar periodicamente probas comparativas nacionais (probas de anel) dos procedementos de diagnóstico.
  • Cooperar co Laboratorio Europeo de Referencia.
  • Garantir un diálogo regular e aberto coas autoridades nacionais competentes.

 

CONTACTO

Antonio Figueras Huerta.

e-mail: antoniofigueras@iim.csic.es

Tfno: 986 23 19 30 ext 860280

Ler máis