A microscopía óptica é unha técnica fundamental para o estudo da bioloxía celular e molecular xa que permite coñecer a morfoloxía das células, a estrutura dos tecidos, a localización de determinadas moléculas e o desenvolvemento de procesos biolóxicos, afectando minimamente ás características estruturais das mostras.

 

OBXECTIVOS

O servizo de microscopía óptica e análise de imaxe do IIM (SEMAIM) proporciona soporte técnico e formación aos usuarios en técnicas e manexo de equipos de microscopía. Ademais, leva a cabo a adquisición e o procesamento das imaxes obtidas mediante este equipamento ou outros dispositivos.

As tarefas que desempeña o servizo son as seguintes:

  • Mantemento xeral dos equipos de microscopía óptica (limpeza, revisión periódica, axustes básicos, etc.).
  • Formación, apoio técnico e asesoramento aos usuarios que o soliciten.
  • Adquisición e procesamento de imaxes.
  • Análise de imaxes, tanto de microscopía como obtidas a través de calquera outro dispositivo.
  • En función da demanda e o tempo dispoñible, o servizo pode colaborar na realización de figuras (sempre baseadas en imaxes), para artigos científicos e presentacións en congresos.

Os usuarios poden poñerse en contacto co persoal do servizo a través do teléfono ou correo electrónico e cumprimentar o formulario de petición de servizo correspondente: Descargar formulario de petición de servizo.doc 

CONTACTO

Lucia Sánchez Ruiloba

email: lsanchez@iim.csic.es

Tel.: 986 231930 ext. 860101

Horario de atención a usuarios: 8 a 15h

Ler máis