Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses

OBXECTIVO

A nosa liña de investigación explora as relacións entre a bioloxía das microalgas e a produción de metabolitos (pigmentos e toxinas) que realizan, prestando especial atención aos efectos dos factores ambientais (especialmente os factores luminosos e os relacionados co cambio global), estudando o fitoplancto de diferentes enfoques: fotobioloxía, química de produtos naturais (pigmentos, toxinas), taxonomía e quimiotaxonomía, ciclos vitais, etc.

   

 

 

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Pretendemos estudar os sistemas pigmentarios do fitoplancto mariño para:

  1. Caracterizar as moléculas de clorofila e carotenoides que conforman os sistemas pigmentarios das microalgas, relacionando a súa síntese e interconversión con procesos que implican a acción da luz (fotocaptación, fotoprotección, fotoaclimatación, fotoadaptación).
  2. Coñecer a súa distribución nas diferentes categorías taxonómicas, para logo utilizar os pigmentos como biomarcadores no estudo de poboacións de organismos planctónicos en augas naturais.

Ademais, traballamos no estudo dos episodios tóxicos producidos polo fitoplancto e que teñen implicacións nos sectores produtivos mariños e orixinan situacións de risco para a saúde. Para iso propoñemos a caracterización e determinación de biotoxinas mariñas, relacionando a súa produción coa bioloxía das especies produtoras (ciclo biolóxico, respostas ecofisiolóxicas a factores ambientais…). Nesta liña propoñemos:

  1. Estudar as síndromes que afectan ás nosas Rías: PSP, ASP e DSP,
  2. Estudar episodios tóxicos problemáticos noutras rexións, como os que implican a produción de Brevetoxina, Palitoxina, Ostreocinas, Ciguatoxinas, Azaspiracidos, Iminas cíclicas e toxinas emerxentes.

Para iso utilizamos metodoloxías de análise innovadoras que en moitos casos conducen á detección de compostos con estruturas non descritas.

 

CONTACTO

 

José Luis Garrido Valencia

email: garrido@iim.csic.es

Tel.: +34 986 231930 ext. 860151

Ler máis