Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses Cursos

OBXECTIVOS

A pesar da súa abundancia, importancia nos ciclos bioxeoquímicos e sensibilidade ao cambio global, o noso coñecemento da composición, estrutura molecular e reactividade da materia orgánica disolvida (MOD) nos océanos é aínda deficiente. Para minorar esta lagoa de coñecemento illamos MOD por ultrafiltración e extracción en fase sólida, analizamos as súas propiedades ópticas, isotópicas e estruturais (RMN e ICP-MS) e trazamos a súa alteración por procesos fotoquímicos e microbiolóxicos.

Ademais, en estreita colaboración cos grupos de “Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión Sustentable de Bivalvos” e “Ecoloxía e Recursos Mariños” do Instituto de Investigacións Mariñas, estudamos a relación entre as condicións ambientais e os recursos explotados nas costas de Galicia contribuíndo a achegar un enfoque ecosistémico á acuicultura intensiva, marisqueo e pesca artesanal.

 

 

Ler máis