![]() |
Persoal | ![]() |
Publicacións | ![]() |
Proxectos e contratos | ![]() |
Teses | ![]() |
Web do grupo |
---|
OBXECTIVOS
En base a unha aproximación multidisciplinar, desde a oceanografía física, química e biolóxica, abórdase a observación, experimentación e modelización das evidencias e impactos do quecemento, acidificación, fertilización e desosixenación dos ecosistemas mariños en resposta ao cambio global.
Os nosos esforzos enfócanse en:
- A circulación de mesoescala en sistemas de afloramento costeiro, especialmente o de Iberia-Canarias, e o seu impacto sobre os procesos biolóxicos e xeoquímicos.
- A evolución termohalina e química das masas de auga do océano.
- A disolución do exceso de CO2 antropoxénico acumulado na atmosfera e as súas consecuencias.
- Os procesos de rexeneración peláxica e bentónica e o intercambio sedimento-columna de auga
- A estrutura, composición e dinámica das comunidades microbianas nun océano en cambio global.
![]() |
![]() |
![]() |
LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
Estudar os procesos biolóxicos e xeoquímicos no mar, os intercambios coa atmosfera, sedimentos e continentes e os efectos do home sobre a contaminación do medio e o cambio climático. Observar e modelar en diferentes escalas como se reflicte e como afecta a variabilidade dos procesos oceánicos ao cambio global na marxe NW ibérica e ao seu océano circundante.
- Procesos físicos, biolóxicos e xeoquímicos en sistemas de afloramento
- Fitoplancto: caracterización biolóxica e bioquímica. Toxinas fitoplanctónicas
- Transporte de masas de auga e CO2 no Océano Atlántico: Variabilidade e Cambio Global
- Ciclos bioxeoquímicos en sistemas costeiros: Intercambios atmosfera-océano-terra
![]() |
![]() |
LIGAZÓNS DO GRUPO
http://oceano.iim.csic.es/co2group/index.html
CONTACTO
Francisco Gómez Figueiras
email: paco@iim.csic.es
Tel.: +34 986 231930 ext. 860372