Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses Web do grupo

OBXECTIVOS

En base a unha aproximación multidisciplinar, desde a oceanografía física, química e biolóxica, abórdase a observación, experimentación e modelización das evidencias e impactos do quecemento, acidificación, fertilización e desosixenación dos ecosistemas mariños en resposta ao cambio global.

Os nosos esforzos enfócanse en:

  1. A circulación de mesoescala en sistemas de afloramento costeiro, especialmente o de Iberia-Canarias, e o seu impacto sobre os procesos biolóxicos e xeoquímicos.
  2. A evolución termohalina e química das masas de auga do océano.
  3. A disolución do exceso de CO2 antropoxénico acumulado na atmosfera e as súas consecuencias.
  4. Os procesos de rexeneración peláxica e bentónica e o intercambio sedimento-columna de auga
  5. A estrutura, composición e dinámica das comunidades microbianas nun océano en cambio global.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Estudar os procesos biolóxicos e xeoquímicos no mar, os intercambios coa atmosfera, sedimentos e continentes e os efectos do home sobre a contaminación  do medio e o cambio climático. Observar e modelar en diferentes escalas como se reflicte e como afecta a variabilidade dos procesos oceánicos  ao cambio global na marxe NW ibérica e ao seu océano circundante.

  1. Procesos físicos, biolóxicos e xeoquímicos en sistemas de afloramento
  2. Fitoplancto: caracterización biolóxica e bioquímica. Toxinas fitoplanctónicas
  3. Transporte de masas de auga e CO2 no Océano Atlántico: Variabilidade e Cambio Global
  4. Ciclos bioxeoquímicos en sistemas costeiros: Intercambios atmosfera-océano-terra

 

LIGAZÓNS DO GRUPO

http://www.iim.csic.es/index.php/oceanologia/

http://oceano.iim.csic.es/co2group/index.html

 

CONTACTO

Fiz Fernández Pérez

email: fiz.perez@iim.csic.es

Telf.: +34 986 231930 Ext. 860360

Ler máis