O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo (IIM-CSIC) oferta 3 temas de investigación para solicitar connosco contratos predoutorais de 4 anos, dentro do programa de Axudas á Formación do Profesorado Universitario (FPU) 2021 do Ministerio de Universidades.

O candidato ou candidato deberá estar matriculado nun programa de doutoramento, ou estar en condicións de facelo no momento da sinatura do contrato.

Por que o IIM?

O IIM pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), principal organismo de investigación de España, terceiro de Europa e sétimo do mundo.

O IIM-CSIC é un dos principais centros de investigación mariña de España, cunha actividade investigadora verdadeiramente diversa e unidades transversais propias de Internacionalización e Cultura Científica. No IIM-CSIC cultivamos un ambiente de investigación participativo, para promover a carreira dos investigadores, ampliar as súas redes de colaboración e aumentar o seu impacto na sociedade.


Tres proxectos para impulsar a túa carreira

O IIM-CSIC como institución de investigación mariña dedicada ao desenvolvemento do coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza investigacións multidisciplinares que responden aos desafíos globais e ás preocupacións locais e permiten unha comprensión integral e global dos ecosistemas mariños.

Consulta a continuación os grupos e proxectos que buscan unha persoa candidata

 

 

 

👨‍🔬 Supervisan: Fran Saborido-Rey 📩 fran@iim.csic.es | Laura Casas Castaño 📩 lauracasas@iim.csic.es | 🌐 Group Webpage

As presións antropoxénicas poñen en perigo a supervivencia das poboacións mariñas directamente pola súa explotación e indirectamente por cambios nas condición ambientais (acidificación e quecemento global). Aínda que estas poboacións teñen a capacidade de adaptarse a través da súa diversidade xenética, as alteracións derivadas da súa explotación e os cambios ambientais producen unha perda desta diversidade que reduce a súa capacidade de adaptación.

Aínda que a variación xenética adaptativa potencial das poboacións é clave para a súa explotación sostible, actualmente non existe un método para cuantifiala.

A tese doutoral ofertada tratará sobre o uso de novos métodos a escala do xenoma que permitan una estimación precisa da variación xenética neutra (tamaño de poboación efectivo e conectividade) e adaptativa das poboacións (niveis de potencial adaptativo aos cambios ambientais). Ambos métodos poderanse utilizar para estimar con precisión a resistencia das poboacións aos cambios futuros.

Medirase a cantidade de potencial adaptativo, escalada pola conectividade e o tamaño efectivo da poboación, proporcionando un parámetro clave para a xestión pesqueira. A metodoloxía aplicarase nunha especie de lábrido que presenta distintos niveis de explotación ao longo da costa europea (desde a pesca intensiva ata a non explotación). Este gradiente de explotación diferencial permitiranos cuantificar os efectos da pesca sobre o potencial de adaptación dos diferentes stocks, o que repercutirá directamente na súa capacidade de adaptación aos cambios ambientais.

A persoa beneficiaria da FPU incorporarase a un grupo de investigación dinámico cunha longa traxectoria na investigación pesqueira e poderá beneficiarse de, (1) instalacións e laboratorios equipados cun diverso equipamento de xenómica e, (2), acceso a ordenadores de alta prestación para a análise bioinformática.

Requisitos:

Buscamos un/ha estudante entusiasta, con interese en ecoloxía pesqueira e bioloxía molecular. Considerarase unha vantaxe o coñecemento de R e unha linguaxe de programación, pero non son imprescindibles.

 

👩‍🔬 Supervisan: Camino Gestal Mateo 📩 cgestal@iim.csic.es | María Sonia Dios Vidal 📩 sdios@iim.csic.es   🌐 Group Webpage

Nos últimos anos téñense realizado importantes avances no  estudo da competencia inmune en invertebrados. Estes estudos, en contra do pensado inicialmente, chegan á conclusión de que estes animais posúen un sistema inmune innato moi eficiente cun elevado grao de diversificación para o recoñecemento do non propio. A identificación de xenes de resposta inmune no polbo común, Octopus vulgaris, e en organismos distantes a nivel evolutivo leva a hipotetizar que estes organismos posúen unha competencia inmune moi potente e sofisticada, que podería incluír características tradicionalmente englobadas como resposta adaptativa para xerar memoria. O principal obxectivo deste proxecto é incrementar o coñecemento do sistema inmune do polbo común, Octopus vulgaris, caracterizando a súa resposta inmune a nivel celular e humoral fronte ao non-propio. O estudo das principais poboacións celulares responsables destas respostas mediante técnicas de transcriptómica de célula única e a identificación das principais proteínas implicadas mediante proteómica Shotgun aportarán unha visión global da competencia innata nestos organismos. Este estudo abrirá novas posibilidades para o deseño de programas de prevención en animais de cultivo, ou estabulados con fins científicos, e ofrecerá novas aportacións na evolución da inmunidade en protóstomos, e especialmente en lophotrochozoan.

Os experimentos que se propoñen neste proxecto son multidisciplinares e integran unha ampla variedade de técnicas que van dende o mantemento de animais de experimentación en acuario ata técnicas moleculares e celulares, tecnoloxías -ómicas como RNAseq de célula única e Proteómica Shotgun, técnicas de inmunohistoquímica, citometría de fluxo e microscopia.

Búscanse candidatos competitivos e con alta motivación. Valorarase aa formación en xenética e bioloxía molecular, así ́ como coñecementos de tecnoloxías –ómicas e análises bioinformáticos.

 

👨‍🔬 Supervisa:  Josep Rotllant📩 rotllant@iim.csic.es |   🌐 Group Webpage

Como se producen as cores dos animais? Que procesos controlan a distribución de pigmentos ou células pigmentadas de forma reproducible? Como se xera a diversidade de peixes de cores nun arrecife tropical? Este é o problema da formación de padróns de pigmentos. É un problema clásico da bioloxía, con fondas implicacións tanto a nivel biolóxico básico como aplicado. Neste proxecto de doutoramento, o noso obxectivo é comprender as bases xenéticas e celulares da formación dos padróns pigmentarios dorsoventrais nos peixes. A comprensión molecular e celular que se desenvolva nesta tese terá implicacións directas para unha comprensión integral da formación do padrón de pigmentos dos vertebrados, pero tamén terá aplicacións relacionadas co problema industrial da decoloración das poboacións de peixes.

Requisitos:

Os solicitantes deben estar en posesión do título en materias relevantes (bioloxía, bioloxía mariña, ciencias ambientais, bioquímica, biotecnoloxía, etc.).


Como solicitar o contrato?

Póñase en contacto coas persoas supervisoras do tema de investigación que lle iteresa, adxuntando o seu CV e o seu expediente académico para obter máis detalles do proceso de selección e solicitude.

Ten en conta que unha vez que te poñas en contacto e se te seleccionamos, o supervisor e ti terás que discutir, redactar e completar unha solicitude conxunta para o Ministerio de Universidades antes do 17 de decembro.

Por isto, é moi importante que contactes con quen supervisa o teu proxecto de interese antes do venres, 10 de decembro ás 14:00 h (UTC+1)