Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses

OBXECTIVOS

O obxectivo científico fundamental do grupo de Patobioloxía Molecular Acuática é a aplicación de metodoloxías moleculares e celulares a estudos básicos de desenvolvemento temperán e enfermidades de peixes e moluscos, así como a aplicación de ciencia básica para mellorar o rendemento e a sustentabilidade da acuicultura mariña. A nosa proposta de investigación integra unha combinación de ferramentas xenéticas, epixenéticas, de bioloxía molecular e de microscopía, así como, a creación de organismos modificados xeneticamente para illar e identificar os axentes causantes de enfermidades tanto infecciosas como non infecciosas, analizar as interaccións hospedador-patóxeno e a activación e modulación de mecanismos de defensa e resistencia fronte a agresións externas, comprender o papel da expresión diferencial de xenes en relación coa etioloxía da enfermidade e proporcionar enfoques máis individualizados para a súa xestión. Polo tanto, buscamos transferir coñecementos, tecnoloxía e información sobre os campos nos que se están facendo importantes investimentos en investigación básica, que permitan o seu uso rendible en investigación aplicada.

 

 

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  1. Estudo das bases moleculares da diferenciación, plasticidade e establecemento do fenotipo morfolóxico. (Josep Rotllant). Especificamente esta liña de investigación céntrase no estudo dos procesos moleculares que controlan a formación, diferenciación e desenvolvemento normal ou anómalo do sistema tegumentario (pigmentación) e esquelético. Para o estudo destes procesos, a liña de investigación do Dr. Rotllant parte do uso de técnicas moleculares e bioquímicas comúns, utilizando a aplicación de técnicas de expresión xénica diferencial no peixe cebra (transxénese, morfolinos, tecnoloxía CRISPR/CAS9). O uso do modelo do peixe cebra vén xustificado polo seu alto grao de similitude xenética con outras especies de peixes e de vertebrados, a súa facilidade de manexo e reprodución así como as grandes posibilidades que ofrece para a aplicación das novas tecnoloxías de manipulación xénica.
  2. Estudo das patoloxías e bases moleculares do desenvolvemento temperán e inmuno-competencia de organismos mariños de interese en acuicultura, fundamentalmente moluscos cefalópodos (Camino Gestal). Esta liña de investigación céntrase na diagnose de microorganismos patóxenos que infectan moluscos cefalópodos e nas bases moleculares do efecto da dieta e as condicións de cultivo sobre o seu correcto desenvolvemento e inmuno- competencia. Para o seu estudo, ademais de distintas técnicas de microscopía, utilízanse técnicas moleculares de expresión xénica diferencial, incluíndo tecnoloxías ómicas (transcriptómica e proteómica). O obxectivo principal da investigación é contribuír á mellora da condición de crecemento e saúde dos moluscos cultivados mediante o estudo de mecanismos de regulación epixenética e resposta inmune producida, establecendo a identificación de xenes biomarcadores de resistencia e a inmuno-estimulación como estratexias futuras para mellorar a xestión e control de enfermidades nestes organismos.

 

LIGAZÓNS DO GRUPO

 

CONTACTO

Camino Gestal Mateo

email: cgestal@iim.csic.es

Telf.: +34 986 231930 Ext. 860290

Josep Rotllant Moragas

email: rotllant@iim.csic.es

Telf.: +34 986 231930 Ext. 860288

Ler máis