Persoal Publicacións Proxectos e contratos Teses

OBXECTIVOS

Desenvolvemento e optimización de procesos de baixo impacto ambiental dirixidos á depuración e valorización de subprodutos, efluentes e despoxos xerados pola industria pesqueira (Biorrefinería Mariña) e agroalimentaria para a obtención de compostos e produtos de valor engadido medio-alto. Modelado matemático de bioprocesos e relacións dose-resposta complexas. Biorremediación e aplicación de axentes de limpeza en verteduras de petróleo en ambientes costeiros.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  1. Reciclaxe e valorización de residuos (subprodutos e despoxos) e efluentes da industria pesqueira e de transformación/elaboración de alimentos mariños. Obtención de produtos de valor medio-alto engadido coma xelatinas, cartilaxe, encimas proteolíticas, condroitín-sulfato, péptidos bioactivos, hidroxiapatita, etc. Desenvolvemento dunha Biorrefinería Mariña a partir de residuos de orixe mariña.
  2. Depuración e bioconversión microbiana (produción de biomasa, metabolitos primarios e secundarios) de novas fontes de proteína (peptonas mariñas) recuperadas de residuos da industria alimentaria con base na produción mariña.
  3. Tratamento microbiolóxico de verteduras de petróleo (biorremediación) en ambientes mariños. Aplicación de dispersantes e axentes de limpeza de costa, en condicións ecotoxicoloxicamente seguras, para a eliminación de petróleo adherido a superficies rochosas.
  4. Modelado matemático, mecanístico e empírico (deseño factorial) de bioprocesos (encimáticos, microbianos, crecemento de animais, cinéticas de antioxidantes, etc.) e de relacións dose-resposta complexas: interaccións entre varios efectores, respostas con tramos de signos opostos: hormesis, dinámicas dose-resposta.
  5. Produción microbiana de probióticos, bacteriocinas, astaxantina, ácido hialurónico, etc., en diferentes modalidades e operatorias de cultivo. Optimización de etapas de separación-purificación de metabolitos microbianos.
  6. Valorización de residuos e subprodutos da industria agroalimentaria (fraccións de cereais, peles de pataca, etc.) para a recuperación de antioxidantes, prebióticos, etc.

 

CONTACTO

Xosé Antón Vázquez Álvarez

email: jvazquez@iim.csic.es

Tel.: +34 986 231930 ext. 860340

Ler máis