O grupo de Bioquímica de Alimentos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento e aplicación de ferramentas de análises que permitan a identificación e cuantificación de organismos mariños, empregando para iso marcadores moleculares xenéticos. Con este propósito creouse o Servizo de Identificación de Especies e Secuenciación do IIM, que leva en funcionamento desde 2001 e está especializado na identificación de organismos mariños en alimentos, para os que conta con protocolos estandarizados, aínda que tamén conta con capacidade para determinar outras especies presentes nunha ampla variedade de matrices. O Servizo participou tamén en diversos exercicios interlaboratorio que demostraron a eficacia do servizo para levar a cabo estas análises e a fiabilidade dos métodos utilizados, e ademais dedica parte dos seus esforzos ao desenvolvemento de novas técnicas para incluílas na súa oferta de análise.

A identificación de especies leva a cabo fundamentalmente mediante a secuenciación Sanger de ADN, utilizando diversos marcadores xenéticos tales como Citocromo Oxidasa I, Citocromo B, Rexión Control, 16 S DNA, entre outros, valéndose de máis de 2000 secuencias de referencia propias do servizo. Ademáis, conta con capacidade para levar a cabo outros tipos de análises dependendo do obxectivo, como son PCR en tempo real e secuenciación masiva (NGS).

O Servizo de Secuenciación de ADN está dispoñible para entidades, empresas, organismos públicos e usuarios particulares que queiran realizar diversos tipos de análises de ADN, especialmente a aqueles relacionados cos sectores alimentario, pesqueiro, sanitario (determinación de especies con efectos sobre a saúde), control de calidade e autenticidade (substitución de especies), trazabilidad e conservación dos recursos mariños.

Equipos propios do servizo:

Amplificación de ADN

Termocicladores tempo real: ABI 7500 Fast Real-Time PCR

Termocicladores: GeneAmp PCR System 9700; 2720 Thermal Cycler;

Veriti Thermal Cycler

 

 

 

 

Secuenciación de ADN

Secuenciación Masiva: Ion Chef, Ion OT2 e Ion PGM (Life Technologies)

Espectrofotómetro: NanoDrop ND-2000

Sistemas de visualización de xeles: GelDoc Biorad

Sistemas de centrifugación: Avanti J-25 Beckman

 

 

 

 

Tipos de mostras que analizamos:

  • Texidos frescos, conxelados ou preservados en etanol.
  • Calquer tipo de alimento, fresco ou procesado.
  • Mostras ambientais (consultar)
  • Outras matrices (consultar)
  • Extractos de ADN
  • Produtos de PCR

 

Algúns dos nosos usuarios:

  • Gobierno de Cantabria
  • Agencia Catalana de Consum
  • Junta de Andalucia
  • Xenotechs laboratorios
  • Instituto Español de Oceanografía
  • AZTI-tecnalia
  • AECOSAN-CICC
  • Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM)
  • CSIC

 

SERVIZOS E TARIFAS (prezos por mostra sen IVA)

 

Servizo Tarifa para grupos IIM-CSIC Tarifa para entidade pública Tarifa para entidade privada
Identificación da especie a partir de texido, alimento ou outras matrices mediante secuenciación Sanger e comparación con secuencias de referencia do IIM e/ou bases de datos públicas 50 100 120
Secuenciación Sanger a partir de texido, alimento ou outras matrices. 20 50 60
Extracción de ADN a partir de texido, alimento ou outras matrices 5 6 8
Análise da secuencia de ADN e identificación da especie con mostras de referencia do IIM e/ou con bases de datos públicas. 25 50 60
Secuenciación NGS: Metagenómica 16S para a identificación de bacterias e microalgas. Segundo presupuesto Segundo presupuesto Segundo presupuesto
Identificación de especies de merlúcidos mediante PCR en tempo real. Segundo presupuesto Segundo presupuesto Segundo presupuesto
Cuantificación de ácidos nucleicos con NanoDrop 2000. 0.20 0.60 0.80
Outros servicios consultar consultar consultar

 

*Descontos a partir de 10 mostras ou para análises continuadas no tempo (consultar). As mostras erradas repetiranse unha vez sen custo para o usuario para descartar un erro de procedemento. As mostras sobrantes conservaranse durante 2 semanas e devolveranse se o usuario o solicita.

 

LIGAZÓNS

  1. Formulario de solicitude do servizo
  2. Instruccións para o envío de mostras por correo
  3. Lista de especies de referencia do Servicio

 

CONTACTO

Carmen Gonzaléz Sotelo e Amaya Velasco Herrero

email: servides@iim.csic.es

Tel.: 986 231930 ext. 860326

 

 

 

Ler máis