O Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Directiva 2006/88/CE do Consello de 24 de outubro de 2006) determina no ámbito nacional, o índice de perigo para determinadas enfermidades que afectan os moluscos bivalvos.

Conta con persoal con ampla experiencia en técnicas diagnósticas tanto de histoloxía como de bioloxía molecular e está acreditado por ENAC-ILAC segundo a norma UNE-EN ISO 17025 para os seguintes patóxenos de moluscos.

  • Detección de Marteilia spp. por histoloxía e citoloxía en moluscos bivalvos
  • Detección de Bonamia spp. por histoloxía e citoloxía en ostra plana, Ostrea edulis
  • Detección de Perkinsus spp. por histoloxía en ameixas

As tarifas poden ser consultadas na seguinte ligazón. Para descargar o formulario de solicitude de ensaio pique aquí.

 

OBXECTIVOS

Entre as tarefas do LNREMB podemos citar a seguintes:

  • Informar cando se sospeite da aparición de calquera das enfermidades de moluscos (exóticas e non exóticas) listadas na Directiva.
  • Contribuír á identificación dos focos de enfermidades mediante estudos epizoóticos.
  • Coordinar co Laboratorio Europeo de Referencia, os métodos de diagnóstico empregados nos Estados membros. Formación de expertos en diagnóstico de acordo a estes métodos.
  • Organizar periodicamente probas comparativas nacionais dos procedementos de diagnóstico.

 

 

Vídeo do procesado completo de histoloxía

 

 

CONTACTO

 

Antonio Figueras Huerta

email: antoniofigueras@iim.csic.es

Tel.: 986 231930 ext. 860280

 

Ler máis