![]() |
Persoal | ![]() |
Publicacións | ![]() |
Proxectos e contratos | ![]() |
Teses |
---|
OBXECTIVOS
Un dos obxectivos do grupo é a demostración da viabilidade da existencia dun sector pesqueiro medioambientalmente sustentable, mediante a implantación, tanto en industrias de elaboración e transformación de produtos pesqueiros en terra, coma en determinadas frotas pesqueiras, de tecnoloxías para a redución e xestión da biomasa en forma de despoxos e subprodutos e da posterior valorización desa biomasa para o desenvolvemento de novos produtos de alto valor engadido que poidan resultar de interese en distintos sectores industriais: farmacolóxico, cosmético, biomédico, alimentario, etc.
O outro obxectivo fundamental do grupo é o desenvolvemento de ferramentas de análise que permitan a identificación e cuantificación de organismos mariños, empregando para iso marcadores moleculares xenéticos. O grupo desenvolveu diversas aplicacións entre as que destacan o control da trazabilidade e etiquetaxe dos produtos pesqueiros, a cuantificación de ingredientes en alimentos e a identificación e cuantificación de larvas de bivalvos en mostras ambientais.
![]() |
|
![]() |
O traballo desenvolvido no grupo de Bioquímica de Alimentos céntrase en tres liñas de investigación: email: carmen@iim.csic.es Tel.: +34 986 231930 ext. 860300 email: ricardo@iim.csic.es Tel.: +34 986 231930 ext. 860301 LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
LIGAZÓNS DO GRUPO
CONTACTO
Carmen González Sotelo
Ricardo I. Pérez Martín