A Unidade de Apoio Científico-Técnico (UACT) ten como obxectivo dar unha maior coordinación, operatividade e visibilidade aos recursos de apoio á investigación que ofrece o Instituto de Investigacións Mariñas.

A UACT, coordinación e cooperación para unha investigación excelente

Esta unidade engloba un total de 16 laboratorios coa misión de prestar asesoramento e servizos científico-técnicos aos grupos de investigación do Instituto, así como a organismos públicos e privados que o soliciten.

Os laboratorios contan con persoal especializado nas técnicas ofertadas e instrumentación adaptada ás últimas tecnoloxías e en continuo proceso de renovación.

Todas as actividades son realizadas polo noso equipo de traballo segundo a normativa vixente de Prevención e Seguridade Laboral.

As funcións desta unidade son:

  • Apoiar e coordinar as necesidades científico-técnicas de investigación nos diferentes departamentos do IIM, así como noutros organismos públicos ou privados.
  • Desenvolver a investigación metodolóxica propia nas técnicas experimentais necesarias para mellorar e ampliar as prestacións.
  • Asesorar á comunidade científica e empresas do sector en todo o referente ao seu ámbito de actuación.
  • Ofrecer formación aos investigadores e técnicos sobre as técnicas implantadas nos laboratorios co fin de que poidan aproveitar ao máximo o potencial das infraestruturas dispoñibles.

Contacto

Lucía Sánchez Ruiloba

uact@iim.csic.es

Tel.: 986 23 19 30 ext. 860101