UNIDADE DE MOSTRAXE E IMAXE DO MEDIO MARIÑO

A unidade de mostraxe e imaxe do medio mariño do IIM-CSIC créase en resposta á necesidade dos grupos de investigación do centro de realizar diversas tarefas externas que implican a disposición de persoal especializado, que en moitas ocasións non forma parte dos mesmos. Así mesmo, coa súa posta en marcha preténdese lograr a vixilancia exhaustiva do respecto da Lei de Prevención de Riscos Laborais no caso de actividades de mergullo. Ademais trata de ofrecer un servizo de adquisición e edición de imaxes que contribúa a facer posibles os fins de investigación, docencia e divulgación do centro.

 

OBXECTIVOS

Apoio aos grupos de investigación do Instituto nos seguintes aspectos:

  • Mostraxes biolóxicas con escafandro autónomo cumprindo o regulamento de actividades de mergullo do centro.
  • Recolección de mostras específicas de flora e fauna en ecosistemas acuáticos e terrestres.
  • Fotografía e filmacións subacuáticas e terrestres.
  • Elaboración e edición de arquivos de imaxe para investigación e divulgación do persoal do IIM.
  • Asistencia para o calado e a recollida de instrumentos científicos de rexistro e monitoraxe oceánica.
  • Supervisión de todas as actividades e persoal de mergullo do IIM-CSIC. Esta función inclúe a xestión do material, permisos, fichas de persoal e saídas dos mergulladores do centro acorde á normativa legal e institucional e o mantemento dos equipos de mergullo.
  • Xestión de mostraxe e aluguer de embarcacións, se fose necesario subcontratalas.
  • Relación e coordinación de colaboracións con outros servizos da mesma natureza en centros nacionais e internacionais.
  • Colaboración co servizo de Acuarios do IIM (SACUIM) en actividades tendentes a mellorar o benestar dos animais de experimentación.

 

CONTACTO

Para facer uso deste servizo é necesario cumprimentar e asinar por parte do investigador responsable do proxecto os formularios dispostos na intranet.

Contacto na sala 403

Petición de servizo: umimag@iim.csic.es

Manuel García Blanco (Garci): garci@iim.csic.es