UNIDADE TÉCNICA DE BIOBANCO (UTB)

Enmarcado nos programas marco da UE, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) desenvolveron e xestionan o primeiro Biobanco europeo de mostras e moléculas mariñas de parasitos, de interese biotecnolóxico con fins diagnósticos, terapéuticos e de investigación. 

O concepto de Biobanco é un claro exemplo de innovación aberta cuxo sistema de xestión trasladouse do ámbito clínico ao non hospitalario, neste caso o mariño. Hai que diferenciar claramente Biobanco en contraposición a repositorio. O obxectivo do Biobanco non é simplemente almacenar, senón compartir con criterios de calidade. A filosofía do Biobanco é o control do proceso de cesión-doazón das mostras, e a definición dunha infraestrutura de laboratorio que lle confira ás mesmas a calidade, orde, destino e trazabilidade necesarias durante a súa preparación, almacenaxe, conservación e transporte.

Desde o 2016 os servizos desta Plataforma están normalizados segundo o estándar de calidade ISO 9001.

 

OBXECTIVOS

O obxectivo último é a implantación dunha Plataforma de xestión de mostras e datos asociados de apoio á investigación traslacional no ámbito mariño, que non só asegure o acceso a un servizo de mostras/biomoléculas cun alto estándar de calidade, senón que se converta tamén nun referente de acción industrial para investigación pública e para empresas de base tecnolóxica.

 

CONTACTO

Dr. Ángel Francisco González González, Director da UTB.

e-mail: afg@iim.csic.es

Dr. Santiago Pascual del Hierro, Responsable de Calidade da UTB

e-mail: spascual@iim.csic.es

Descargar Solicitude de mostras. (.doc)

Descargar Política de calidade (.pdf)

 

 

Ler máis