¿QUERES VISITAR O NOSO CENTRO?

O IIM-CSIC abre as súas portas a alumnos da ESO e Bacharelato, acompañados polo profesorado,
co fin de dar a coñecer o traballo que se realiza no noso centro.

Para que o seu centro educativo poida visitar o IIM-CSIC, o titor ou profesor responsable
do grupo de alumnos debe contactar connosco ao través do seguinte enderezo electrónico:

divulgacion@iim.csic.es

A adxudicación das visitas realizarase segundo a orde de solicitude e ata completar as prazas dispoñibles.

Para calquera dúbida ou información adicional contacte connosco.

Estaremos encantados de atenderte!

 


  • Visita dos veciños de Bouzas, turistas locais e nacionais
    (Promove: Vigo Pesqueiro)
    25-08-2017

  • Visita dos alumnos Centro Educativo Aloya
    (Ciclo de Laboratorio de diagnóstico clínico)
    21-04-2017

  • Visita dos alumnos Centro Educativo Aloya
    (Ciclo de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico)
    24-02-2017

  • Visita dos alumnos CPR Losada (3º e 4º da ESO)
    25-01-2017