Liñas de investigación
A investigación é a base do traballo do Instituto de Investigacións Mariñas. Traballando arredor de tres temas centrais de investigación que se entretecen e conectan uns con outros, o persoal técnico e investigador do IIM-CSIC procura respostas relacionadas con nove liñas de investigación diferentes.
Cambio global e outros impactos antropoxénicos sobre o océano
Observación e modelaxe de sistemas oceánicos e costeiros
Comprender as interaccións entre o océano e a vida
Biodiversidade e conservación para uns ecosistemas resilientes
Enfoque ecosistémico das pesquerías e da acuicultura
Organización da vida: dos xenes aos biomas
Alimentos do océano: trazabilidade, saúde e seguridade
Estudo e modelaxe de biosistemas e bioprocesos
Economía circular: uso integral de recursos mariños