Biografía

Ola! Son Graduado en Bioloxía pola Universidade de Vigo, entidade na que posteriormente realicei o Máster en Biotecnoloxía Avanzada. Tras un breve paso pola industria farmacéutica, actualmente gozo dun contrato predoutroal da Xunta de Galicia para realizar a miña tese, "Dinámicas de inactivación bacteriana e a súa relación coa resistencia a antimicrobianos", baixo a dirección de Míriam R.García do Grupo de Enxeñería de Bioprocesos e Xosé Antón Vázquez do Grupo de Reciclado e Valorización de Materiais Residuais (REVAL). A tese está enfocada ao estudo da actividade antimicrobiana de compostos de diversa orixe en sistemas de cultivo continuos (morbidostat) e descontinuos (batch). Os datos obtidos servirán para coñecer, mediante a optimización de modelos matemáticos, as concentracións e estratexias de dosificación óptimas para lograr un nivel de inactivación bacteriana satisfactorio e minimizar, a súa vez, os riscos asociados ao uso de concentracións subletais dos compostos antimicrobianos, como a promoción de resistencia a eses ou outros compostos (resistencia cruzada). Algo máis? Entusiasta da microbioloxía e da programación.

Proyectos relacionados