• Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular

    Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior. 

     

  • Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría

    Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.

     

  • Marca rexistrada | Smart Fip: pesquerías 100 % sostibles con 0 % residuos

    Smart Fip é unha marca rexistrada que certifica a aplicación dun sistema de control privado e voluntario sobre a avaliación do risco de parasitos en produtos pesqueiros ao longo de toda a cadea de valor. Smart Fip é un protocolo cognitivo e preditivo de inspección que se basea nunha serie de normas internacionais, protocolos científico-técnicos e ferramentas únicas que permiten a transformación dixital do sistema de inspección. Estes protocolos e estas técnicas de diagnóstico baséanse no biobanco europeo de mostras e moléculas mariñas de parasitos de interese biotecnolóxico, accesible para o IIM-CSIC. Ao aceptar a normativa de uso da marca, as empresas aplican un sistema fiable de inspección e clasificación para unha toma de decisións flexible, que permite aplicar solucións técnicas en distintos pasos do proceso e reducir a xeración de refugos alimentarios ao longo de todo o proceso.

  • Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco

    Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.