☕ Café De Catro a Catro. R. de Girona, 16, 36211 (Vigo)

🗓️ Sábado, 11 de febreiro | ⏰ ás 18:30 h

💳 Entrada GRATIS. Inclúe unha consumición. Até completar a capacidade. Non é necesaria reserva previa. Entregaranse entradas para acceder á bebida por orde de chegada.

MAPA EN GOOGLE MAPS


Nun ambiente distendido e relaxado, o Instituto de Investigación Mariñas (IIM-CSIC) ofrece ao público un agradable encontro coas mulleres que traballan neste centro de investigación. As #MulleresDoIIM contarán, en breves charlas de 10 minutos e para todos os públicos, o que fan no seu día a día a prol das ciencias mariñas dende o barrio de Bouzas, mentres os asistentes gozan dunha bebida gratuíta. e pinchos de cortesía.

O evento será presentado por Marta López Cabo,  investigadora e actual vicedirectora de Estratexia Científica e Transferencia do IIM, e estará dirixido por investigadores (tamén predoutorais!), técnicos de laboratorio e técnicas de xestión do IIM-CSIC.

More