Short bio

Traballo no grupo de Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión Sostible de Moluscos Bivalvos (EsMaBa) como Científico Titular dende o ano 2007. A miña investigación céntrase na comprensión do conxunto de respostas ecofisiolóxicas que os moluscos bivalvos, con especial mención para o mexillón cultivado en Galicia, activan fronte a situacións de estrés ambiental no escenario de cambio global actual. Do conxunto de respostas de interese, a miña actividade céntrase en coñecer mellor a plasticidade das estructuras de protección dos organismos coas que se enfrontan ó medio natural heteroxéneo como son as estructuras de carbonato cálcico coas que se protexen do ambiente externo e os filamentos do biso no caso do mexillón cos que manteñen o seu modo de vida sésil e gregario. Estou moi interesado en todo o relativo as accións para manter e protexer a biodiversidade mariña para a cal os moluscos bivalvos ofrecen un potencial significativo nas posibles actuacións como enxeñeiros de ecosistemas.

Related projects