Short bio

Gradueime en Comunicación Audiovisual no 2016 e no 2017 remataba un Máster en Periodismo Multimedia Profesional. Dende entonces, traballei de cousas tan dispares como levar un e-commerce ou atender aos clientes dunha comercializadora eléctrica. Achegueime á divulgación no 2019, na Asociación Aspace Galicia, onde coñecín a realidade das persoas con Parálise Cerebral e conteina a través dunha cámara e moitas ilusións. Acabo de incorporarme ao departamento da UCC do IIM-CSIC, non só para dar apoio na parte audiovisual, tamén para botar a mán que faga falta onde faga falta. E para aprender. Que me queda moito por aprender.

Related projects