O Instituto de Investigacións Mariñas rende un homenaxe as persoas que marcaron á súa historia o día 30 de xuño ás 12:00h, nun evento interno no propio centro.

O evento forma parte da conmemoración dos 50 anos do IIM en Bouzas e é unha homenaxe dedicada a todos os compañeiros e compañeiras que deixaron a súa pegada na historia do centro ao longo de todos estes anos.

Durante o evento, levaráse a cabo unha mesa redonda na que varios compañeiros e compañeiras compartirán as súas vivencias e experiencia. Posteriormente, pecharemos a celebración cuns pinchos-xantar na terraza do centro.

Esta é unha magnífica oportunidade para preguntar, dialogar e compreder de onde vén moito do que hoxe vivimos, como parte da Ciencia e como parte do IIM, e para coller forzas e ideas para o futuro.

Un día especial, onde poderemos lembrar e valorar xuntos os logros e contribucións das persoas que pasaron polos noso corredores, laboratorios e oficinas.

More