No IIM-CSIC estamos comprometidos coa implicación da sociedade na investigación mariña, polo que o primeiro que queremos facer antes de mudar a nosa sede ao barrio de Teis é presentarnos ante a veciñanza e compartir con eles a obra arquitectónica que formará parte da súa paisaxe nos próximos anos, nun evento de balde e aberto ao público xeral.

Así, presentaremos ante o noso novo barrio os 38 proxectos arquitectónicos presentados a un concurso público para construir a nosa nova sede, incluído o proxecto gañador. Unha primeira pedra para poñer a Ríos, a Teis e á cidade de Vigo no epicentro da investigación mariña a nivel local e global, dentro do proxecto do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar.

Este evento ten como obxectivo convidar ao público e, especialmente, á veciñanza dos arredores a coñecer o proxecto. A exposición poderá visitarse o 27 de xullo, de 16:00 a 19:00 horas, e o 28 de xullo, de 11:00 a 14:00 horas. O persoal do IIM-CSIC estará presente para guiar ao público pola exposición. Haberá tamén interpretación a Lingua de Signos Española (LSE) dispoñible.

Non perdades a ocasión de formar parte deste momento destacado na historia da nosa cidade, unha oportunidade única para coñecer de primeira man as 38 candidaturas participantes e o proxecto gañador de arquitectura que porá primeira pedra no Campus Científico-Tecnolóxico do Mar

More