Capacidades e produtos de innovación
- Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar
Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.
- Capacidades | Control da trazabilidade e a etiquetaxe
Desenvolvemento de biomarcadores específicos e técnicas de -ómica para cuantificar alérxenos e facer seguimento da composición específica e a orixe xeográfica para a trazabilidade da calidade e a prevención do fraude alimentario e das pesquerías non reguladas.
- Capacidades | Prospección de novos compoñentes bioactivos
Prospección de novos compoñentes bioactivos en organismos mariños e en subprodutos da industria alimentaria, incluída a caracterización da súa actividade e a validación da súa aplicación en diferentes sectores (sanitario, cosmético, nutrición, etc.).
- Capacidades | Desenvolvemento de etiquetaxe intelixente e activa dos alimentos
Desenvolvemento de etiquetas intelixentes para os alimentos baseadas en modelos de oxidación, crecemento microbiano, etc. que permitan a quen os consume saber cando os alimentos xa non son aptos para o seu consumo, axudando a evitar o desbaldo de alimentos, e que informen sobre a súa frescura, temperatura do paquete, etc.
- Capacidades | Desenvolvemento de sensores intelixentes para optimizar o procesamento e a conservación dos alimentos
Desenvolvemento de métodos e tecnoloxías non invasoras (como a tecnoloxía de toma de imaxe hiperespectral) para inspeccionar a calidade dos produtos alimentarios.
- Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de control e optimización a nivel da planta completa na industria alimentaria
Modelaxe a múltiples escalas para flexibilizar a toma de decisións e optimizar procesos complexos (p. ex., esterilización) baseado no control da seguridade e calidade dos produtos alimentarios mediante técnicas non invasoras (sensores de software, etc.).
- Capacidades | Deseño de procedementos de desinfección e modelaxe para a prevención da resistencia a axentes antimicrobianos
Desenvolvemento de estratexias químicas (combinacións de desinfectantes, aceites esenciais) e biolóxicas (encimas, fagos) que sexan efectivas na eliminación de biopelículas monoespecíficas e mixtas en superficies usadas na industria alimentaria. Proba de biocidas e desenvolvemento de mellores estratexias de dosificación de biocidas para a industria alimentaria, garantindo a seguridade alimentaria ao tempo que se evita a adquisición de resistencia a axentes antimicrobianos.
- Capacidades | Modelaxe e optimización de procesos fermentativos e outros bioprocesos de uso industrial
Desenvolvemento de algoritmos matemáticos e software de simulación para a optimización global e o control de bioprocesos nas industrias alimentaria e biotecnolóxica.
- Capacidades | Desenvolvemento e aplicación de aditivos naturais e técnicas innovadoras de procesamento para a conservación dos produtos do mar
Desenvolvemento e aplicación de aditivos naturais (p. ex., extractos de algas e outros antioxidantes lipófilos) con propiedades antimicrobianas e antioxidantes, así como métodos innovadores de procesamento e conservación dos alimentos (p. ex., alta presión hidrostática) para mellorar a conservación e alongar a data de caducidade dos produtos do mar.
- Capacidades | Avaliación do período de conservación dun produto e desenvolvemento de sistemas de envasado personalizados para os produtos do mar
Avaliación da viabilidade e duración do período de conservación dos produtos do mar. Desenvolvemento e adaptación ad hoc de sistemas innovadores de envasado de alimentos (atmosferas modificadas, etc.) para mellorar a calidade, garantir a seguridade e alongar o período de conservación dos produtos da pesca e da acuicultura.