EmpleoJoven FSE+: 3 contratos para menores de 30
O Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) busca candidaturas para tres contratos de un ano de duración. Os contratos están financiados no marco do programa Empleo Joven FSE+.
Os postos ofertados son dun nivel M2, segundo o IV Convenio Único da Administración Xeral do Estado (CUAGE), cunha retribución anual bruta de 26.952,94€. Están dirixidos a menores de 30 anos con titulacións de menos de 300 ECTS e que posúan as titulacións requiridas en cada unha das ofertas.
Todo o procedemento de solicitude debe facerse a través da Aplicación CONVOCA. Para acceder, realizar o procedemento e obter toda a información debe consultarse a páxina establecida na Sede Virtual do CSIC.
Código: EMPJOV25_IIM_M2_B_182
Descrición aproximada de tarefas: Apoia a xestión administrativa da ciencia pública co equipo da xerencia do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.
Titulacións: Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Ciencia Política e Xestión Pública, Grao en Ciencias Empresariais, Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública, Grao en Dereito, Grao en Dirección e Xestión Pública, Grao en Economía, Grao en Estatística, Grao en Xestión e Administración Pública, Grao en Matemáticas, Grao en Matemáticas e Informática ou Grao en Matemáticas e Estatística.
Dúbidas sobre o posto? Contacta con iimg301@csic.es
Tes interese? Consulta abaixo como postularte.
Código: EMPJOV25_IIM_M2_B_183
Descrición aproximada de tarefas:
- Apoiar a actividade da Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas, contribuíndo así á mellora da visibilidade do centro e da investigación científica do CSIC.
- Deseñar e participar no desenvolvemento de recursos gráficos, materiais promocionais e didácticos, en castelán e galego, tanto para a difusión interna como externa e no eido presencial e dixital.
- Apoiar a organización e desenvolvemento de eventos de comunicación social da ciencia levados a cabo pola Unidade.
Titulacións: especialmente dirixido a Graos en Publicidade e Relacións Públicas, Xestión Cultural, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, e Comunicación Audiovisual entre outros.
Dúbidas sobre o posto? Contacta con cultura.iim@iim.csic.es
Tes interese? Consulta abaixo como postularte.
Código: EMPJOV25_IIM_M2_B_184
Descrición aproximada de tarefas:
- Redacción de protocolos de uso de equipamento común e apoio a grupos de investigación para o seu uso.
- Mantemento de estándares de calidade e protocolos para a calibración e control de equipos
- Xestión de residuos perigosos do Instituto de Investigacións Mariñas.
Titulacións: Grao en Bioenxeñaría, Grao en Bioloxía Ambiental, Grao en Bioloxía Humana, Grao en Bioloxía Sanitaria, Grao en Biomedicina, Grao en Biomedicina Básica e Experimental, Grao en Bioquímica, Grao en Bioquímica e Bioloxía Molecular, Grao en Bioquímica e Ciencias Biomédicas, Grao en Biotecnoloxía, Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Grao en Ciencias Ambientais, Grao en Ciencias Biomédicas, Grao en Ciencias da Alimentación, Grao en Ciencias do Mar, Grao en Ciencias Experimentais, Grao en Xenética, Grao en Xeografía e Medio Ambiente, Grao en Enxeñaría Ambiental, Grao en Enxeñaría Biomédica, Grao en Enxeñaría Química, Grao en Microbioloxía, Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía ou Grao en Química.
Dúbidas sobre o posto? Contacta con vicetecnico@iim.csic.es
Tes interese? Consulta abaixo como postularte.
Se tes interese en algunhas das ofertas debes realizar a túa solicitude antes do día 9 de maio (incluído).
Todo o procedemento de solicitude debe facerse a través da Aplicación CONVOCA. Para acceder, realizar o procedemento e obter toda a información debe consultarse a páxina establecida na Sede Virtual do CSIC.
Antes de realizar a solicitude, asegúrate de ler en detalle a convocatoria e as Preguntas Frecuentes (FAQs) accesibles dende a Sede Virtual.