Este xaneiro, únete ao IIM!
O IIM-CSIC ofrece varias oportunidades de incorporación ao noso Instituto para investigadores PreDoc, PosDoc e para Persoal Técnico de Apoio á Investigación.
Atención! Pónte en contacto cos seus potenciais supervisores e supervisoras no prazo que se indica a continuación. Despois de contactar, e se es unha das persoas seleccionadas, podes ter que preparar unha proposta de proxecto co teu supervisor e presentala ao organismo financiador. Isto pode levar un tempo, así que pónte en contacto o antes posible!

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) ofrece un contrato predoctoral dentro do Programa para a Formación de Doutores da Axencia Estatal de Investigación (FPI), contratos outorgados pola Axencia Estatal de Investigación (AEI) a persoas que desexen obter un doutoramento asociado a un proxecto financiado polas axudas para proxectos de I+D do Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023. Podes consular a listaxe de proxectos aquí.
As persoas aspirantes deben estar matriculadas ou admitidas nun programa de doutoramento dunha Universidade española, para o curso 2021/2022, ou estar en disposición de estalo na data en que se formalice o contrato. O programa cobre o contrato predoctoral durante un período de ata 48 meses para a realización da tese.
__
O proxecto
O proxecto de tese doutoral desenvolverase na liña do proxecto do Plan Estatal de I+D+i - PID2021-124955OB-I00 co título "BIVALVOS, MICROBIOMA E ENFERMIDADES".
O Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM-CSIC) ofrece 1 tema de investigación para solicitar contratos pre-doutorais de 4 anos de duración connosco, dentro do programa da Axudas para a Formación de Persoal Universitario do Ministerio de Universidades (FPU2022).
Estas axudas teñen como obxecto facilitar a formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a, así como a adquisición de competencias que faciliten a futura incorporación destas persoas ao sistema español de educación superior, e de investigación científica. O contrato terá unha duración de catro anos e tamén se financiará a realización dunha estancia en centros estranxeiros, e excepcionalmente españois, que contribúa á mellora ou especialización da formación predoutoral.
Ademais do tema específico que ofrecemos para solicitar estes contratos, invitámosche a explorar a nosa web para atopar outros grupos de investigación que se adapten mellor á túa experiencia, e contactar cos potenciais supervisores para compartir as túas ideas.
O IIM-CSIC é unha institución de acollida moi competitiva que ofrece a contorna ideal para fomentar e consolidar investigadores en calquera etapa da súa carreira. Únete ó Instituto e impulsa a túa carreira connosco!
Juan de la Cierva 2022 - Revisa a oferta
O Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM-CSIC) ofrece un contrato postdoutoral dentro das Ayudas para contratos Juan de la Cierva 2022 (JdC 2022).
Estas axudas teñen como finalidade fomentar a incorporación de mozas, con obxecto de que completen a súa formación investigadora postdoutoral en centros de I+D españois. As persoas participantes deben cumprir o requisito de posuír o título de doutor e obtelo entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2022. O IIM-CSIC é unha institución de acollida moi competitiva que ofrece a contorna ideal para fomentar e consolidar investigadores en calquera etapa da súa carreira. Úneche ao Instituto e impulsa a túa carreira connosco!
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) ofrece 1 tema de investigación para solicitar as Axudas para Contratos de Persoal Técnico de Apoio (PTA) 2022 da Axencia Estatal de Investigación (AEI).
Trátase de contratos de 3 anos de duración para persoas con estudos superiores no marco da formación profesional (FP), para dar apoio á xestión de equipamentos, instalacións e outras infraestruturas de I+D+i, e así aumentar e mellorar o rendemento de institucións científico-técnicas como a nosa.
Ademais do tema específico que ofrecemos para solicitar connosco estes contratos, invitámosvos a explorar o noso sitio web para atopar outros grupos de investigación e servizos que poidan adaptarse mellor á túa experiencia, e contactar directamente cos potenciais supervisores para compartir as túas ideas.
Atención! Pónte en contacto cos seus potenciais supervisores ou supervisoras no prazo que se indica na imaxe superior. Despois de contactar, e se es seleccionado, podes ter que preparar unha proposta de proxecto co seu supervisor e presentala ao organismo financiador. Isto pode levar un tempo, así que pónte en contacto canto antes!
Para coñecer os prazos reais para presentar a proposta final ou obter máis información, consulta a páxina web oficial de cada convocatoria:
FPIs 2022 - Axencia Estatal de Investigación (AEI)
FPUs 2022 - Ministerio de Universidades
Juan de la Cierva 2022 - Axencia Estatal de Investigación (AEI)
PTA 2022 - Axencia Estatal de Investigación (AEI)