• Patente | Atmosferas modificadas para a conservación de bivalvos vivos en envases herméticos

    Autoría: Laura Pastoriza; Gabriel Sampedro Cedeira; Marta Bernárdez Costas; Marta López Cabo;  Juan José Rodríguez Herrera

    A invención refírese a un método de conservar mariscos vivos utilizando unha atmosfera modificada que é rica en osíxeno e que contén un segundo compoñente principal de nitróxeno para conservar os moluscos bivalvos vivos e manter a calidade dos devanditos alimentos durante o máximo tempo posible ao longo do proceso de comercialización e venda. O envasado comercial do marisco debe estar completamente cheo e ben compacto, para o que as unidades deben inserirse perfectamente durante a operación de enchido mediante un vibrador, de xeito que os moluscos bivalvos non poidan abrir as súas valvas e perder así líquido intervalvar ao longo do proceso de venda. A invención refírese ao bivalvo máis popular do mercado canto a vendas e prezos e, por tanto, é de especial interese para o sector mexilloneiro. Podes ver información más detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a extracción do ácido hialurónico do humor vítreo do peixe

    Autoría: Miguel Anxo Murado; María Montemayor Castroviejo; Marta López Cabo; María del Pilar González Fernández; Laura Pastoriza Enríquez

    Técnica para a preparación de ácido hialurónico (AH) a partir do humor vítreo do peixe para o seu uso en cosmética e en clínica. O proceso comprende a electrodeposición de proteínas e a súa diafiltración simultánea con recirculación total. Este procedemento permite a recuperación selectiva dos sedimentos impuros, a precipitación do AH e a solubilización de proteínas, xerando un AH cunha pureza superior ao 99,5 %. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Operación óptima para a produción de nisina

    Autoría: Marta López Cabo; Miguel Anxo Murado García; M P González Fernández; Laura Pastoriza EnrÍquez; Juan José Rodríguez Herrera; Lorenzo Miguel Pastrana Castro

    Método para a produción de nisina en cultivo somerxido baseada na realcalinización reiterada do medio, sempre que o cultivo manteña a capacidade de recuperar o seu nivel de estabilización, combinada cun réxime descontinuo de subministro de glicosa. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Capacidades | Desenvolvemento de novos produtos alimentarios a partir de subprodutos da pesca e da acuicultura

    Desenvolvemento de procesos para a transformación de descartes e subprodutos do mar en novas materias primas (pasta de peixe, aceite de peixe, etc.) con valor engadido para a xeración de innovadores produtos alimentarios procesados (hamburguesas, nuggets, etc.), garantindo a súa trazabilidade, o seu valor nutricional e a súa seguridade ao longo de novas cadeas de valor.

  • Capacidades | Desenvolvemento de etiquetaxe intelixente e activa dos alimentos

    Desenvolvemento de etiquetas intelixentes para os alimentos baseadas en modelos de oxidación, crecemento microbiano, etc. que permitan a quen os consume saber cando os alimentos xa non son aptos para o seu consumo, axudando a evitar o desbaldo de alimentos, e que informen sobre a súa frescura, temperatura do paquete, etc.

  • Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de control e optimización a nivel da planta completa na industria alimentaria

    Modelaxe a múltiples escalas para flexibilizar a toma de decisións e optimizar procesos complexos (p. ex., esterilización) baseado no control da seguridade e calidade dos produtos alimentarios mediante técnicas non invasoras (sensores de software, etc.).

     

  • Capacidades | Deseño de procedementos de desinfección e modelaxe para a prevención da resistencia a axentes antimicrobianos

    Desenvolvemento de estratexias químicas (combinacións de desinfectantes, aceites esenciais) e biolóxicas (encimas, fagos) que sexan efectivas na eliminación de biopelículas monoespecíficas e mixtas en superficies usadas na industria alimentaria. Proba de biocidas e desenvolvemento de mellores estratexias de dosificación de biocidas para a industria alimentaria, garantindo a seguridade alimentaria ao tempo que se evita a adquisición de resistencia a axentes antimicrobianos.

     

  • Capacidades | Desenvolvemento e aplicación de aditivos naturais e técnicas innovadoras de procesamento para a conservación dos produtos do mar

    Desenvolvemento e aplicación de aditivos naturais (p. ex., extractos de algas e outros antioxidantes lipófilos) con propiedades antimicrobianas e antioxidantes, así como métodos innovadores de procesamento e conservación dos alimentos (p. ex., alta presión hidrostática) para mellorar a conservación e alongar a data de caducidade dos produtos do mar.

     

  • Capacidades | Avaliación do período de conservación dun produto e desenvolvemento de sistemas de envasado personalizados para os produtos do mar

    Avaliación da viabilidade e duración do período de conservación dos produtos do mar. Desenvolvemento e adaptación ad hoc de sistemas innovadores de envasado de alimentos (atmosferas modificadas, etc.) para mellorar a calidade, garantir a seguridade e alongar o período de conservación dos produtos da pesca e da acuicultura.