Órgano de Experimentación e Benestar Animal (OEBA)
Somos conscientes de que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos que están involucrados nas doenzas e no desenvolvemento de tratamentos médicos.
Sen o uso de animais, non disporiamos da meirande parte dos medicamentos, antibióticos, vacinas e técnicas cirúrxicas que se aplican en medicina humana e veterinaria. Con todo, é necesario que a experimentación con animais estea estritamente controlada por mecanismos que garantan o máximo benestar posible dos animais criados e utilizados nos nosos proxectos de investigación.
En cumprimento da normativa esixida polo RD 53/2013, de 8 de febreiro de 2013, o Comité de Experimentación e ienestar Animal (OEBA) do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo é responsable do benestar dos animais do IIM. A composición do comité está regulada polo mesmo Real Decreto e conta cun servizo de Consultoría Veterinaria con capacitación para as categorías E e F (ver máis abaixo). Ademais, o Órgano adheriuse ao Acordo de transparencia sobre o uso de animais en experimentación, promovido dende a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE) coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA, polas súas siglas en inglés) e publicado o 20 de setembro de 2016.
O OEBA garante o cumprimento deste acordo e o control do benestar e do correcto uso dos recursos animais do centro dedicados á experimentación. Ademais, promove a concienciación da sociedade acerca da realidade da experimentación animal no IIM-CSIC, abrindo as súas portas a visitas escolares e doutros grupos.
Documento que informa sobre a transparencia nos procedementos de experimentación animal.

Declaración de responsabilidade do Instituto sobre o noso compromiso co benestar animal, en liña coa Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE).

Manual elaborado polo Comité Español para a Protección dos Animais utilizados con Fins Científicos (CEPAFIC) que identifica os diferentes tipos e niveis de formación necesarios para levar a cabo experimentación animal de forma responsable.
