Capacidades e produtos de innovación
- Patente | Péptido de miticina e o seu uso en rexeneración celular
Autoría: Antonio Figueras Huerta, María Gasset Vega, Beatriz Novoa García, Magalí Rey Campos, Ricardo Mallavía Marín, Regla María Medina Gali, Alicia Martínez López
A presente invención refírese a péptidos derivados da miticina C e os seus usos terapéuticos, máis concretamente na rexeneración celular e/ou dos tecidos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
- Patente | Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento de doenzas inflamatorias relacionadas coas citocinas
Autoría: Eva María Rivero Buceta; Cristian Smerdou Picazo; Pablo Botella Asunción; Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas; José María Benlloch Baviera
Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento de doenzas inflamatorias relacionadas coas citocinas. Patente pendente de publicación.
- Patente | Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento da COVID-19 e da fibrose pulmonar asociada a ela
Autoría: Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Eva María Rivero Buceta; Jose María Benlloch Baviera; Cristian Smerdou Picazo; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas; Pablo Botella Asunción
Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento da COVID-19 e da fibrose pulmonar asociada a ela. Patente pendente de publicación.
- Patente | Método para a identificación de polipéptidos antimicrobianos en Mytilus edulis
Autoría: María del Mar Costa Portela, Beatriz Novoa García, Antonio Figueras Huerta, Sonia Dios Vidal, Camino Gestal Mateo
A invención proporciona un método para a identificación de polinucleótidos, precursores que codifican polipéptidos con actividade antibacteriana e antiviral (miticinas e mitilinas). Podes ver información más detallada premendo aquí.
- Capacidades | Xeración e subministro de mutantes de peixe cebra
Xeración de mutantes estables e liñas transxénicas de peixe cebra para o seu uso como modelos de sistemas no estudo de enfermidades humanas e de peixes.
- Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vivo para biomoléculas mediante o uso de modelos animais
Uso de modelos animais (peixe cebra, rodaballo, rato, etc.) como sistemas modelo para estudar a bioactividade de diferentes compostos, así como de enfermidades que afectan a peixes e a seres humanos (choque séptico, doenzas inflamatorias, etc.).
- Capacidades | Desenvolvemento de bioindicadores para vixilancia medioambientalInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas
Caracterización e medida de respostas microfisiolóxicas de marcadores moleculares xerados en resposta ás condicións medioambientais para o desenvolvemento dun sistema de alerta temperá de alteracións medioambientais.
- Capacidades | Avaliación da biodiversidadeInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas
Facer seguimento da distribución temporal e espacial das especies, a abundancia e a biomasa de diversos taxons mediante diversas técnicas como e-ADN, caracterización de pigmentos, citometría de fluxo, telemetría acústica, toma de imaxes mediante sistemas de observación remota (p. ex., drons, etc.) ou identificación taxonómica clásica.
- Capacidades | Ómica avanzada aplicada a organismos mariños
Estudos sobre a estrutura do xenoma de organismos mariños, incluído o mapeado xenético, a secuenciación de ADN, como se produce o conxunto completo de transcritos de ARN polo xenoma e como se ve afectado polo desenvolvemento, as doenzas ou os factores ambientais que determinan o fenotipo, especialmente a proteómica e a metabolómica, utilizando sempre as técnicas máis avanzadas (ATAC-seq, MethylCap-Seq, RNA-seq, tecnoloxía de ADN recombinante, CRISPR/Cas9 knockin e knockout , enhancer detector (ZED),tecnoloxías transxénicas Tol2 kit e BAC, etc.).
- Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vitro para biomoléculas mediante o uso de liñas celulares e análises de expresión xénica específicos
Desenvolvemento de técnicas (metabolómica, proteómica, xenómica, lipidómica e biomarcadores) para caracterizar a resposta das células a diferentes biomoléculas e validar a súa actividade e seguridade.