Short bio

Traballo no equipo de Reciclado dende o ano 1997. Durante estes anos realicei varias tarefas: 1: Analítica química e bioquímica (nutrintes inorgánicos, proteínas, lípidos, diversos tipos de hidratos de carbono, hidrocarburos, biopolímeros, etc.) por métodos espectrofotométricos, gravimétricos, texturométricos, 2158tográficos, e por inxección en fluxo (FIA). 2: Técnicas enzimáticas básicas, en particular as relacionadas coa determinación, produción e utilización das enzimas microbianas ?-amilasa e glucosa oxidasa obtidas na fermentación de diferentes microfungos sobre medios de cultivo formulados con residuos da industria alimentaria de base mariña. 3.- Procesos de valorización e bioconversión microbiana de subproductos, descartes e efluentes alimentarios de industrias da pesca, a acuicultura e do sector agrícola. Técnicas microbiolóxicas implicadas na produción de múltiples microorganismos e metabolitos de interese (probióticos, ácidos láctico e hialurónico, alcoholes, etc.), empregando diferentes substratos comerciais e outros obtidos de subproductos alimentarios.

Related projects